SALVEMOS O CENTRO GALEGO DE BOS AIRES!

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5.000!


MANIFESTO POLA DEFENSA E PORVIR DO CENTRO GALEGO DE BOS AIRES

O Centro Galego de Bos Aires, entidade emblemática da diáspora galega no mundo, que tivo na súa centenaria vida institucional unha actuación consecuente de defensa e promoción social, cultural e económica da Galicia territorial e da emigración porteña, hoxe require da cidadanía galega unha posición firme de defensa ante o perigo da súa desaparición.

Atendendo ao anterior, os galegos e galegas queremos facer un chamamento á sociedade e aos nosos representantes políticos (Xunta de Galicia, Parlamento Galego, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, as Universidades Galegas e outras institucións e colectivos sociais e culturais de Galicia e da diáspora) co obxectivo de salientar a transcendental importancia que supón o feito de conservar unido todo o patrimonio inmobiliario, artístico e cultural que conforma o Centro Galego de Bos Aires.

Na defensa deste enorme acervo material e inmaterial común aos galegos e galegas de acó e acolá, queremos e debemos ser respectuosos coas leis arxentinas que protexen os seus bens artísticos e culturais, coa colectividade galega do mundo que conforma unha Galicia universal allea a lindeiros artificiais e, asemade, coas decisións soberanas das agrupacións do Centro Galego que traballan arreo na resolución deste conflito que compromete seriamente a prestación médica de calidade e o mantemento dos postos de traballo.

Do mesmo xeito, respectamos o noso sentir sobre a tradición mutualista, cultural, solidaria, galeguista e republicana que durante a longa noite do franquismo soubo manter acesa a luz da palabra, da razón, da democracia, da convivencia e da irmandade coa Terra Nai. Esa enorme tradición comunitaria de traballo, que brindamos á cultura do país de acollida, é enteiramente nosa, enteiramente galega, e maniféstase no patrimonio que queremos protexer e proxectar con fachenda cara ao futuro.

Por todo isto, os galegos e galegas demandamos da Xunta de Galicia e mesmo do Goberno Español –a través do Ministerio de Asuntos Exteriores– actuacións concretas diante do Goberno Arxentino encamiñadas a solucionar definitivamente o gravísimo problema polo que atravesa a centenaria institución. Reclamamos, en primeiro lugar, vontade política para preservar e garantir a atención médica de calidade dos actuais socios e socias e a protección do patrimonio artístico, documental, bibliográfico, editorial... e solicitamos esforzos para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria dun predio que debe seguir sendo referente de Galicia en Buenos Aires.

A simboloxía do edificio e a función sanitaria, social e cultural do actual Centro Galego ofrece moitas e moi variadas posibilidades para que a Galicia do século XXI siga sendo unha das identidades que conforman a capital porteña, a grande metrópole –como lle chamou Otero Pedrayo– que acolleu a milleiros de galegos e galegas, orgullo da nosa estirpe no mundo, símbolo histórico da galeguidade universal, corazón de Galicia e sangue nutricio da República Arxentina.

Rianxo, 29 de xaneiro de 2018

(No 132 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao)

 ADHIREN:

Parlamento de Galicia, Presidente Miguel Ángel Santalices

Francisco López “Chesqui”, Secretario Xeral do Partido Galeguista

Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega

Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega

Juan Viaño Rey, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Salustiano Mato de la Iglesia, Reitor da Universidade de Vigo

Julio Abal de Alonso, Reitor da Universidade da Coruña

Grupo do PP no Parlamento Galego, Portavoz Pedro Puy Fraga

Grupo de En Marea no Parlamento Galego, Portavoz Luis Villares Naveira

Grupo do PSOE no Parlamento Galego, Portavoz Xoaquín Fernández Leiciaga

Grupo do BNG no Parlamento Galego, Portavoz Ana Pontón Mondelo

Confederación Intersindical Galega, Secretario Xeral Paulo Carril

Unión Xeral de traballadores Galicia, Secretario Xeral José Antonio Gómez

Comisións Obreiras Galicia, Secretario Xeral Ramón Sarmiento

Deputación Provincial de Ourense, Presidente José Manuel Baltar

Carmel Silva, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

José María Vila Alén, Presidente do Centro Galicia de Bos Aires

Diego A. Martínez Duro, Pte. da Federación de Asociaciones Gallegas da Rep. Arxentina

Lorena Lores Doural, Sec. Xeral da Federación de Asociaciones Gallegas da Rep. Arxentina

Carlos X. Rodríguez Brandeiro, Director do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol de Bos Aires

Beatriz Lagoa, Presidenta do Centro de Betanzos de Bos Aires

Carlos Fernández, Fundación Xeito Novo de Cultura Galega de Bos Aires

Xesús Alonso Montero, ex Presidente da Real Academia Galega

Xosé Luís Méndez Ferrín, ex Presidente da Real Academia Galega      

Manuel Rivas, Escritor

Luís González Tosar, Escritor

Suso de Toro, Escritor

Caetano Díaz, Xornalista

María Xosé Porteiro, Xornalista

Padroado do Museo do Pobo Galego, Presidente Justo Beramendi González

Fundación Penzol, Director Francisco Domínguez Martínez

Fundación Castelao, Presidente Xosé Carlos Mella Villar

Fundación Rosalía de Castro, Presidente Anxo Angueira

Fundación Eduardo Blanco Amor, Director Luis González Tosar

Fundación Manuel Curros Enríquez, Secretario Antonio Piñeiro

Fundación Alexandre Bóveda, Vicepresidente Valentín García Bóveda

Fundación Vicente Risco, Presidente Luis Martínez - Risco

Fundación Otero Pedrayo, Director Juan Luis Saco Cid

Antonio Dieter Moure, ex Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia

Xesús Manuel Suárez García, Médico

Mª Teresa Táboas Veleiro, Arquitecta

Inma López Silva, Escritora

Xosé Estévez Rodríguez, Historiador

Xavier Vence Deza, Docente

Olegario Sotelo Blanco, Editor

F. Xabier González Sotelo, Escritor

Afonso Vázquez Monxardín, Docente

Xosé Ramón Pena, Escritor

Acisclo Manzano, Escultor

Siro López Lorenzo, Caricaturista

José Angel Rodríguez (Gogue), Caricaturista

Lito Prado Rodríguez, Educador Social

Xan Leira, Director de cinema                 



Hoy: Salvemos o Centro Galego de Bos Aires cuenta con tu ayuda

Salvemos o Centro Galego de Bos Aires necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: SALVEMOS O CENTRO GALEGO DE BOS AIRES!». Únete a Salvemos o Centro Galego de Bos Aires y 4.822 personas que ya han firmado.