
#AG31 AUTOVÍA CELANOVA - #XURÉS.
POR FAVOR COMPARTE ESTA FOTO NAS TUAS REDES SOCIAIS.
SEGUIMOS ….. 25/06/2023
Milleiros de veciños, milleiros de empresarios, os alcaldes do sur de Ourense, TODOS, somos conscientes das innumerables vantaxes da Prongación da AG-31, entre outras moitas:
• Reducir o tempo de conexión: De realizarse esta infraestrutura, a cidade estaría a tan só hora e media do Porto e a menos dunha hora de Braga, segunda e terceira cidades do país veciño.
• Aumentar a área de influencia comercial: Esta obra ampliaría a área de influencia comercial da cidade a unha zona que ten unha poboación de máis de tres millóns de habitantes.
• Porta de entrada: Reforzaría a "privilexiada posición de Ourense" como punto de ingreso a Galicia.
• Eixo : A partir da prolongación da vía, poderían desenvolverse novas iniciativas de colaboración entre os sectores públicos e privados de ambos os países.
• Mellora da mobilidade: Dinamizaría os sectores comercial e turístico, sobre todo da cidade, desde as dúas principais urbes do norte de Portugal.
• Oportunidade de negocio: As empresas do suroeste da provincia verían incrementadas as súas oportunidades de negocio, dinamizando exportacioness, turismo e vendas do comercio local de localidades polas que pasaría a estrada.
Mentras, os nosos políticos, chegan a acordos estériles no Congreso ou propoñen sobre “papel mollado” acordos no Parlamento de Galicia.
Nuns días comezará a campaña electoral e ese será o momento de ver realmente quen vai defender en Madrid os intereses de milleiros de ourensáns, veciños e empresarios.
Xa non nos creemos as excusas coas que uns e outros nos intentan distraer. QUEREMOS SOLUCIÓNS agora que hai dispoñibilidade de fondos para abordar a obra.
PROLONGACIÓN DA #AG31 ¡¡¡¡ XA !!!!
Comparte esta fotografía e entre todos temos que facer viral esta reclamación.