
#AG31 AUTOVÍA CELANOVA - #XURÉS.
POR FAVOR COMPARTE
SEGUIMOS ….. 09/01/2024
A BAIXA LIMIA, A COMARCA ESQUECIDA POLOS POLÍTICOS (UNS E OUTROS).
Calquer proxecto ou iniciativa que podemos considerar vital para a nosa comarca, ou ben se eterniza ou se enterran milleiros e milleiros de euros sin que se vexan resultados.. E como exemplos:
1 – Eixo Internacional de Comunicacións A-52 – Fronteira Portuguesa. Vai facer 20 ANOS que se iniciaron os trámites administrativos, tralos cuais xa quedou patente que É INSUFICIENTE o que a día de hoxe está proxectado. De nada valeu que milleiros de cidadáns, empresarios, asociacións de todo tipo, alcaldes da zona reclamáramos a finalización desta AUTOVÍA, vese que a Baixa Limia non é PRIORITARIA para os intereses políticos de UNS e OUTROS. Cada día máis tráfico tanto de lixeiros como de pesados e a resposta son cada día máis impedimentos à fluidez da circulación.
2 – Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Houbo que esperar ó ano 2022 para ver a luz o Plan Rector de Uso e Xestión (PRUX) do espezo natural creado no 1993. Ano tras ano invírtense centos de miles de euros que non maquillan a imaxe de abandono que seguimos dando. É escalofriante ler que dende a súa creación, xa ardeu máis do 70% do seu territorio.
3 – AECT RAIA SECA (Asociación Europea de Cooperación Transfronteriza (AECT) Raia Seca / Xurés-Gerês. Pode ser unha palanca máis para o despegue da comarca pero leva camiño de eternizarse, igual que as dúas anteriores. E como mostra, simplemente três titulares da prensa local:
a) Alianza de diez concellos para poner la Raia Seca en el mapa (laregion.es) (01/05/2022)
b) Trece concellos se alían con Portugal para captar fondos (laregion.es) (15/12/2022)
c) RAIA SECA GERÊS-XURÉS – Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos (depourense.es)
d) La Diputación impulsa la alianza Raia Seca-Xurés (laregion.es) (03/11/2023)
O certo é que logo levamos dous anos de trámites e a asociación AINDA NON É OPERATIVA, e cada día que pasa, son cartos e inversións que se perden.
O RURAL e a BAIXA LIMIA en concreto, seguirá ABANDONADA e os seus habitantes terán que ir traballar ás cidades si queren progresar na vida. Cuando non queden habitantes no RURAL xa non precisaremos de NADA.
Que non se crean que nos tapan os ollos con "sacos de cemento, tubos e obriñas de 40.000 €". A Baixa Limia merece moito máis que eso.
MENTRAS, RESISTÍMONOS A DESAPARECER.