Actualización de la peticiónAutovía de Celanova AG-31 hasta la frontera de A Madalena (Lobios)Autovía de Celanova AG-31 hasta la frontera de A Madalena (Lobios)
MeteoLobios Estación MeteorológicaLobios, España
24 ene 2023

AG-31 AUTOVÍA CELANOVA - XURÉS.

En casi un ano do inicio da nosa reivindicación, non hai nada "sólido" conseguido. Preguntas, PNL, interpelacións etc, nos Parlamentos tanto Autonómico como Nacional, de momento é todo papel mollado.  O Presidente da Xunta de Galicia xa recoñeceu públicamente en rolda de prensa a necesidade desta nova "autovía internacional que comunique Celanova con Portugal". Tralo debate no Congreso dos Deputados do pasado 14/12/2022 dunha PNL do PSOE, estamos esperando o resultado do acordo ó que chegaron con 33 votos a favor e dúas abstencións: "El Congreso de los Diputados insta al Gobierno de España a negociar con el Gobierno de la República Portuguesa la formalización de un Convenio Internacional para abordar una conexión transfronteriza en vía de alta capacidad, que discurra por ambos países a través de la frontera de la Madalena".

Este é o acordo tomado no Congreso dos Deputados, o pasado día 14 de decembro de 2022. 

Seguimos apelando á VONTADE POLÍTICA e que esto non se quede en boas intencións. 

Os veciños e os empresarios de Ourense xa deixaron clara a súa petición e agora tócalle ós políticos resolver e dar solución ás peticións de quen eles din que representan.  A VER SI É VERDADE.

SEGUIMOS.

 

Copiar enlace
WhatsApp
Facebook
X
Email