
Seguimos loitando e demandando medidas e protocolos que permitan organizar o vindeiro curso 2020/2021 con garantías para a saúde do noso alumnado e das súas familias!
Hoxe fixemos a primeira concentración simultánea no Morrazo, en Caldas de Reis, en Santiago de Compostela e outros máis.
Escolas e Institutos de Redondela tamén aprobaron resolucións no mesmo sentido e estamos seguros que hai moitos máis, porque se trata dunha cuestión de saúde pública. Nos próximos días levaranse e aprobaranse resolucións en Concellos e Consellos Escolares Municipais. Temos que facer forza entre todos.
Queremos lembrarche que é neste mes de xullo cando quedan configurados os grupos, aulas, espazos e demais cuestións para iniciar o curso con normalidade en setembro e a nosa Consellería de Educación sigue calada e ausente. É agora o momento de exixir e lograr os reforzos necesarios para comezar o próximo curso con certeza e seguridade de atallar da mellor forma posíbel a pandemia da Covid19. Non queremos que as escolas pechen novamente e a principal forma de aseguralo é aumentando a distancia física entre persoas.
Seguiremos informando de que pasos daremos e polo de agora agradecémosche o teu apoio e pedímosche que continúes a difundir esta demanda entre os teus coñecidos e contactos.
A unión fai forza!!
Resumo de novas publicadas:
https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2020/07/08/ies-miguel-gonzalez-carga-xunta/2310997.html