Mise à jour sur la pétition#VoltaSegura Xunta de Galicia: queremos saúde nas nosas escolas!Asina, comparte e difunde! Nova concentración!

Sérgio Nunes GarciaCangas, Espagne
11 juil. 2020
Seguimos recollendo apoios ás nosas demandas de lograrmos un ensino con seguridade e calidade para o 2020/2021. Xa somos case 3.500 asinantes e agora tamén traacendimos as escolas!
O pasado xoves 9 aprobouse por unanimidade unha resolución no mesmo sentido no Consello Escolar Municipal de Cangas. En breve tamén o farán en Bueu e Moaña e esperamos que outros Concellos nos sigan.
Demandamos unha negociación coa comunidade educativa que permita afrontar o novo curso con todas as garantías nas escolas, nos transportes escolares, nos comedores, cos coidadores...
Se a Consellaría segue co seu silencio absoluto, realizaremos unha nova Concentración o luns 20 de xullo ás 21h diante do Consistorio de Cangas. Entre todas imos logralo! Adiante!! ✊�
Copier le lien
Facebook
WhatsApp
X
E-mail