
Imos no bo camiño!!
A comunidade educativa de Cangas, Bueu e Moaña imos mobilizarnos e concentrarnos este mércores 8, ás 11h diante dos consistorios municipais. Grazas á acción coordinada de todas logramos que haxa moitas outras compañeiras, alumnado e familias que tamén se van mobilizar e concentrar ese mesmo día de forma simultánea, pedindo ao unísono que a Consellaria de Educación cumpra os protocolos propostos pola OMS para o novo curso 2020/2021.
Imos facer un último esforzo por lograr que a Administración escoite o berro de toda a comunidade educativa: así non podemos iniciar o vindeiro curso! Pola saúde das familias, queremos medidas de saúde e seguridade!
Axúdanos a lograr máis apoios e comparte con todos os teus contactos esta petición. Contamos contigo, grazas!!