Recuperar el programa 'Quen anda aí?'

Recuperar el programa 'Quen anda aí?'

Firmantes recientes
Andrea Movilla martin y 19 personas más han firmado la petición recientemente.

El problema

Hai unhas semanas, a Televisión de Galicia decidiu prescindir dun dos mellores programas cos que contaba: o 'Quen anda aí?' Este formato facíalle moita compaña a xente de todas as idades, pero sobre todo, ás persoas maiores.

Eran varias horas de directo nas que falaban expertos en diversos temas: doutores, avogados, fisioterapeutas, monitores de actividades, mariñeiros, biólogos, antropólogas...
Tamén había espazo para a música, o humor, e as denuncias que facía calquera persoa de Galicia. Tanto daba se vivía nunha cidade ou na máis remota das aldeas.

E por suposto, a información de última hora. Coma por exemplo, a desgraza que supuxo o afundimento do Villa de Pitanxo. Foron eles uns dos primeiros en informar sobre o acontecido.
'Quen anda aí?' máis ca un programa era un servizo público variado que tocaba moitos aspectos. E iso é algo que se lle debe esixir a calquera medio que reciba diñeiro público.

Dado que o programa elixido para ocupar a súa franxa non está cumplindo as expectativas e colleita uns datos de audiencia bastante pobres, inicio esta petición para que a CSAG (Antes CRTVG) reconsidere a súa postura e volva recuperar o 'Quen anda aí?' con Juan Fuentes e Raquel Atanes á fronte, xa que o programa se retirou sen que o medio de comunicación dese unha explicación lóxica e crible. Deixando a moita xente maior que vive soa, sen un formato que os facía sentir acompañados, ata o punto de que Juan e Raquel non eran só presentadores, para eles case eran dous membros máis da familia.

111

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 9 de junio de 2026