NO AL TENDIDO ELECTRICO IBERDROLA - SERRA DO LAROUCO (GALICIA)

NO AL TENDIDO ELECTRICO IBERDROLA - SERRA DO LAROUCO (GALICIA)
Un proyecto de IBERDROLA que abortará todos los vuelos desde el lado norte, en una zona en la que se han celebrado desde copas del mundo a campeonatos nacionales y comunitarios y donde el vuelo es reconocido como el lugar más importante para la práctica del vuelo libre desde los años 90 cuando se vieron por allá los primeros parapentes y alas delta.
Una línea de alta tensión que corre a media ladera hará inviables los vuelos por el altísimo riesgo que representan estos cables, que encima van elevados sobre metálicas torres de cuarenta metros de altura.
ALEGACIÓNS QUE SE PRESENTAN:
Asunto: Alegacións ao Acordo do 17 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude das autorizacións administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto da liña de evacuación eléctrica do parque eólico San Martiño LAT 132 kV SET PE San Martiño-SET Larouco, sita nos concellos de Baltar e Xinzo de Limia (expediente IN408A 2021/043), DOG Núm.
228, de 26 de novembro de 2021.
EXPONSE:
ALEGACIÓN 1. Falla de xustificación da necesidade do desenvolvemento eólico, actual e previsto na
Galiza.
ALEGACIÓN 2. O Plan Sectorial Eólico Galego carece de Estudo de Impacto Ambiental. Vulnera a
Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de xuño de 2001.
ALEGACIÓN 3. EN MATERIA DE PARTICIPACIÓN, non consta estudio do grao de aceptación do proxecto polos concellos afectados e pola poboación.
ALEGACIÓN 4. Vulnérase a Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do público á información ambiental e o Convenio de Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación do público e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente.
ALEGACIÓN 5. Vulnérase a Decisión 2005/370/CE do Consello, do 17 de febreiro de 2005 sobre a celebración, en nome da Comunidade Europea, do Convenio sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 124 de 17.5.2005, pp. 1-3)
ALEGACIÓN 6. Vulnérase o Regulamento (CE) nº. 1367/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de setembro de 2006, relativo á aplicación, ás institucións e aos organismos comunitarios, das disposicións do Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente (DO L 264 de 25.9.2006, pp. 13-19)
ALEGACIÓN 7. EN MATERIA DE ESPAZOS PROTEXIDOS Vulnéranse o Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galiza.
ALEGACIÓN 8. Vulneración dos artigos 2 e 6 da Directiva 92/43/CEE relativa á Conservación de Hábitats
Naturais e da Fauna e Flora Silvestres, actualizada a través da Directiva 97/62/CEE.
ALEGACIÓN 9. O trazado pon en perigo a coherencia da Rede Natura 2000. A subestación e o inicio da LAT fica practicamente á beira do Parque Natural do Xurés e a liña toda decorre paralela á Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, protexida só na parte portuguesa. Non se avalían os efectos sobre a superficie de ampliación da RN2000 proposta no ano 2011 (ES1140018).
ALEGACIÓN 10. O artigo 59 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galiza prohibe o cambio de uso forestal dos terreos queimados, por 30 anos. Parte do trazado sitúase en terreos que se queimaron no gran lume do 2015.
ALEGACIÓN 11. Nin os documentos públicos do PE San Martiño nin os da LAT aclaran si existe superposición de entre os PEs Tramontana e Mistral, e o de San Martiño, ao que daría servizo esta liña de evacuación.
ALEGACIÓN 12. Deficiente avaliación da afección a especies incluídas no Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
ALEGACIÓN 13. Vulneración do artigo 3 da Ley 42/2007 del patrimonio Natural y de la Biodiversidade. Deficiente avaliación sobre os efectos sobre a fauna e a flora.
ALEGACIÓN 14. Vulneración flagrante da Directiva Marco da Auga. Ausencia dun estudo hidrolóxico e hidroxeolóxicos que garanta a calidade das masas de auga superficiais e soterradas e a non afección aos acuíferos.
ALEGACIÓN 15. IMPACTO SOCIOECONÓMICO O impacto paisaxístico e a fragmentación dos hábitats é inasumible nunha área que xa sofre o impacto do PE do Larouco que define a liña do horizonte do sur da Limia.
ALEGACIÓN 16. Afección severa ao patrimonio cultural e arqueolóxico, particularmente severa para o Outeiro Redondo ou Outeiro do Crego, estrutura castelaria e para o Castro da Boullosa. No informe de impacto arqueolóxico non se contempla a totalidade do do patrimonio afectado.
ALEGACIÓN 17. Afección severa sobre o tecido socieconómico, en especial sobre o turismo. O voo libre ou parapente, unha actividade con gran desenvolvemento na zona, é incompatible, en materia de seguridade, coa proximidade de liñas eléctricas, pois o posible contacto coas devanditos liñas tería consecuencias mortais para o piloto.
ALEGACIÓN 18. Deficiente avaliación dos efectos ambientais e socioeconómicos sinérxicos e acumulativos.
ALEGACIÓN 19. Existe unha evidente falta de licencia social deriva, sobre todo, das afeccións da liña de evacuación sobre a principal actividade deportiva e turística da zona: o parapente. A LAT é incompatíbel coa práctica e a aprendizaxe do parapente.
Por todo o anteriormente exposto
SOLICITASE:
1. O rexeitamento das autorizacións administrativas previa e de construción, do proxecto de interese autonómico e do estudo de impacto ambiental do proxecto da liña de evacuación eléctrica do parque eólico San Martiño LAT 132 kV SET PE San Martiño-SET Larouco, sita nos concellos de Baltar e Xinzo de Limia (expediente IN408A 2021/043), DOG Núm. 228, de 26 de novembro de 2021 e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais e paisaxísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licencia social.
2. Que por parte do Consello da Cultura Galega se informe sobre da compatibilidade do proxecto da estación eólica SAN MARTIÑO e a súa infraestrutura de evacuación LAT 132 kV SET PE SAN MARTIÑO-SET LAROUCO.
3. Que por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural da Xunta
de Galiza se informe sobre a prevalencia do uso forestal sobre o uso eólico e a incompatibilidade deste, dentro da superficie afectada pola poligonal da estación eólica SAN MARTIÑO e a súa infraestrutura de evacuación LAT 132 kV SET PE SAN MARTIÑO-SET LAROUCO.
OUTROSÍ DIGO: Que é preciso unha resposta razoada a estas alegacións de acordo a la Ley 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A falta de resposta é motivo de nulidade da tramitación.