Por un parque dos Xardinillos vivo e con vida.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


Somos veciñas e veciños de Ribadavia que queremos que os Xardinillos sexan un parque vivo e con vida. Un parque para nenos e maiores, un parque para compartir. Un parque con máis arbores e máis terra. Un parque con menos cemento e caucho. Un parque de calidade e con servizos públicos. Un parque no que continúen cohabitando maiores e pequenos, avós e nenos, nais e avoas.
Un parque situado nun entorno histórico que debe ser respectuoso co seu entorno e non agredilo.


Hai un ano reclamábase que se instalara un baño neste parque, pois dende hai tempo se viu que facía falta, xa que moitas veces os usuarios deste parque non tiñamos onde facer as nosas necesidades. Pediamos tamén que se arranxara a zona do areeiro do parque, xa que é a máis usada e utilizada polos nenos e nenas pequenas e atópase en mal estado.


A pesar destas peticións e do anuncio que se realizou de que estas demandas ían ser atendidas por parte do Concello, resulta que vense de aprobar un PROXECTO de 58.000 euros que non atende ningunha destas demandas, e pola contra plantexa:


- Instalación dunha mini-pista deportiva na ubicación da actual zona do areeiro usada polos nenos pequenos, que demandabamos arranxar, e o que suporía a redución do areeiro ao seu 50%.


- Non se inclúe a zona de baño público neste proxecto.

 

Ante esta decisión unilateral por parte do goberno do Concello de Ribadavia, FACEMOS AS SEGUINTES DEMANDAS:

- Que se inclúa neste proxecto a construción dun baño para os usuarios/as.


- Que se manteña, como mínimo, a actual zona do areeiro, se arranxe e mellore, pero que non se recorte o seu tamaño, pois é moi usada polos nosos nenos e nenas.


- Que NON se instale ningunha pista deportiva no parque, nin na ubicación elixida ao lado do muro do cemiterio nin tampouco en ningunha outra. Cremos que o parque debe seguir sendo un espazo a compartir entre todos e todas, entre maiores e nenos. Quen queira practicar deporte ten lugares de sobra onde facelo. Si dende o Concello se quere seguir adiante coa instalación deste tipo de pista deportiva, pedimos que non se instale neste parque e si noutros lugares máis apropiados: Alameda ou colexio da Alameda (Picuxa).


- O parque dos Xardinillos ten unha compoñente histórica que tamén debe ser respectada: entorno da Igrexa e convento de Santo Domingo, estando ao lado do cemiterio municipal de Ribadavia. Non parece o lugar máis apropiado para a instalación dunha pista deportiva por moi pequena que digan que é.


- Pedimos máis arbores para os Xardinillos, pedimos máis plantas e pedimos menos cemento; despois de todo, o seu nome indica o que sempre foi este parque e nunca debe deixar de ser. Queremos que os Xardinillos se parezan máis a un xardín e menos a un almacén de cemento, pedra e baldosa.


Por todo isto, precisamos o teu apoio a estas reivindicacións dun Parque dos Xardinillos Vivo. ASINA!



Hoy: Plataforma pola defensa dos Xardinillos cuenta con tu ayuda

Plataforma pola defensa dos Xardinillos necesita tu ayuda con esta petición «Concello de Ribadavia: Por un parque dos Xardinillos vivo e con vida.». Únete a Plataforma pola defensa dos Xardinillos y 332 personas que ya han firmado.