Arranxo urxente da Ponte de Evaristo en Esteiro
El problema
Os veciños, comerciantes e usuarios de Esteiro (Muros) esiximos unha solución inmediata ante o peche da Pasarela Peonil de Evaristo.
Esta infraestrutura é un eixe de comunicación fundamental que une Creo co Maio, e a súa clausura prolongada está provocando un grave prexuízo á mobilidade diaria dos residentes, así como perdas económicas directas á hostalaría e ao comercio local.
Os informes técnicos confirman que a ponte sofre graves fallos de deseño e unha degradación estrutural acelerada pola corrosión mariña. Aínda que entendemos que a seguridade é o primeiro, non podemos permitir que a burocracia converta este peche nunha situación indefinida.
Dado que as deficiencias estruturais competen directamente á Administración do Estado (Costas), unímonos para esixir:
1. Axilización inmediata de todos os trámites para a redacción técnica e aprobación do proxecto de reforma ou reconstrución.
2. Asignación orzamentaria urxente para acometer as obras cun deseño garantido para o contorno mariño.
3. Transparencia nos prazos cun calendario claro para o inicio e fin das obras.
4. Habilitación dunha alternativa peonil segura e provisional mentres non se execute a solución definitiva.
Axúdanos coa túa firma a facer presión para que Esteiro recupere a súa pasarela canto antes. ¡A ponte de Evaristo non se pode esquecer!

866

Opiniones de firmantes
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 29 de septiembre de 2026