"Por un Xurés Vivo": Apoio ás medidas de prevención e recuperación do Xurés

El problema
Ante o problema crónico que os lumes supón para o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e a súa contorna, o pasado día 28 de novembro celebrouse a I Xornada de traballo “Por un Xurés Vivo”. O obxectivo foi determinar e consensuar as liñas de actuación esenciais para recuperar as áreas afectadas polos incendios e evitar ou reducir o impacto de incendios futuros. O evento contou coa participación de e expertos (UVigo, USC, CSIC, Univ. do Minho, Sociedade Galega de Historia Natural...) en xestión medioambiental, biólogos, técnicos e enxeñeiros forestais e ambientais, administración, gandeiros, apicultores, profesionais e especialistas en turismo natural e rural, cazadores, comuneiros (representación de diversas Comunidades de Montes da Baixa Limia, da Mancomunidade de Montes do Xurés e da Organización Galega de Comunidades de Montes), representantes de asociacións locais e os alcaldes dos Concellos incluídos no Parque Natural.
A importante diversidade de participantes e a representación de diferentes sectores da poboación local permitiu a mellora e enriquecemento das medidas a tomar, adaptándoas á realidade do entorno, e asegurou unha mellor aceptacióndas mesmas por parte da poboación. Do mesmo xeito, púxose de manifesto o elevado consenso entre os diferentes perfís sobre as medidas precisas. O seguinte paso é que os diferentes organismos xestores, tanto as administracións como as comunidades de montes, fagamos realidade as propostas recibidas, traballando en colaboración e coordinación entre os diferentes órganos de xestión.
CONCLUSIÓNS/LIÑAS DE ACTUACIÓN
Ideas chave: Prevención, Resiliencia, Ordenar, Valorizar, Dialogar/Cooperar, Ecoloxía, Sustentabilidade
1. MEDIDAS INTEGRAIS/POSTA EN VALOR E DIVERSIFICACIÓN DE RECURSOS
1.1. Reforzar o diálogo entre os propietarios / veciñanza e a Administración.
1.2. Reconstrución do tecido social do rural / Diversificación de recursos e apoio (técnico
e económico) a emprendedores para manter e crear negocios viables (gandería,
apicultura, resina, agricultura...) e para maior aproveitamento, posta en valor e
coidado e vixilancia do monte. Especial mención á gandería como fonte de áreas de
parada e ataque do lume.
1.3. Estudio sobre usos potenciais de cada zona (especies forestais máis axeitadas, áreas
para gandería, resina, apicultura...)
1.4. Adecuar o uso real ao uso potencial de cada zona.
1.5. Compensación aos propietarios dos montes polos servicios ecosistémicos, sociais,
ambientais, paisaxísticos, etc. que prestan.
1.6. Estudio de viabilidade económico e ambiental dunha central de biomasa.
1.7. Estudio da viabilidade dunha “Denominación de orixe controlada do Xurés-Gerês”.
1.8. Debater e promover estudios sobre a captura de CO2
. 1.9. Elaboración de cartografía SIG coa información dos diferentes estudos: apoio a
técnicos, xestores e usuarios para a toma de decisións, xestión e ordenación do
territorio. Válido tamén para estudos propostos no apartado 2 (prevención de
incendios).
1.10. Promover o turismo sostible de natureza (só se protexe o que se ama e só se
ama o que se coñece).
2. PREVENCIÓN DE INCENDIOS/MONTE MÁIS RESILIENTE/APOIO Á EXTINCIÓN
2.1. Facer unha aposta clara pola prevención.
2.2. Estudio para detectar os puntos (vaguadas, arredor de poboacións...) e actuacións
estratéxicas (desbroces, eliminación pirófitas, devasas, patizais, etc.) necesarias para
a prevención, redución da propagación e/ou facilitación da extinción de incendios.
Incluír entre outros o análise de incendios pasados.
2.3. Adecuar as subvencións para cubrir estas liñas de actuación estratéxicas e con
prioridade ás áreas identificadas como chave.
2.4. Articular mecanismos para a realización destas accións chave nas zonas sen
propietario coñecido ou de propiedade en disputa (medidas de prevención,
actuacións post incendios...).
2.5. Cortalumes verdes/naturais: fragmentación dos monocultivos de pirófitas mediante
bosques de frondosas (prevención de incendios e conservación de biodiversidade e
dos ecosistemas).
2.6. Control de especies invasoras, sinaladamente acacias.
2.7. Maior colaboración, coordinación e comunicación entre administracións e coa
poboación local e propietarios do monte. Especialmente entre M. Rural e M.
Ambiente, como principais xestores do monte, pero tamén co resto de
administracións e coas Comunidades de montes (e resto de veciños, usuarios e partes
interesadas). Permitirá mellorar e enriquecer as medidas, evitar incongruencias, e
acadar unha maior aceptación das medidas por parte da poboación local.
2.8. Intensificar comunicación, coordinación e colaboración dun lado a outro da Raia.
2.9. Realización dun estudo de análise e valoración dos danos ambientais e ecolóxicos
producidos polos incendios forestais.
2.10. Investigación, control (vixilancia, presencia) e restrición.
2.10.1. Maior esforzo na investigación das causas e causantes dos lumes, para
poder atacalas.
2.10.2. Plan estratéxico que inclúa restricións de acceso (p. exemplo a pistas),
maior control, en especial en épocas e zonas de maior risco.
2.10.3. O futuro PRUX debe ter un papel fundamental neste sentido.
2.11. Mellora das infraestruturas e servizos de prevención e vixilancia contra os
lumes como:
2.11.1. Recuperación dos postos de vixilancia hoxe abandonados de Albite en
Muiños e o Pedreiriño en Entrimo.
2.11.2. Instalación de máis cámaras.
2.11.3. Creación dunha vixilancia móbil durante a época de máximo perigo de
incendios dependente ben da Consellería do Medio Rural ou do propio
Parque Natural.
2.11.4. Mantemento en perfecto estado de conservación da rede viaria que
atravesa estes montes.
2.11.5. Reverter o peche da base helitransportada de Muiños
2.11.6. Implantar mecanismos que aseguren a formación de brigadas contra
incendios nos Concellos. Actualmente proceso diferente e solapado en
cada Concello que só permite presentarse a 1-2 Concellos. Resultado:
moitos Concellos con exceso de solicitantes para os postos ofertados e
outros (p. ex. Lobios no ano 2020) que non acadan o mínimo e non forman
as brigadas.
3. RECUPERACIÓN DAS ZONAS QUEIMADAS
3.1. Plan estratéxico para a recuperación e xestión a curto, medio e longo prazo das
zonas queimadas: en liña con todo o anterior pero específico para esas áreas.
3.2. Sementeira de gramíneas.
3.3. Viveiro de especies con individuos da zona (material xenético propio do Xurés)
(posible colaboración Gerês-Xurés). Recuperación e posta en funcionamento do
antigo viveiro ou semilleiro de Riocaldo. Destacar a importancia para especies máis
sensibles e significadas como os cancereixos (Sorbus aucuparia), acereiros (Prunus
lusitanica), chopo tremedeiro (Populus tremula), teixos (Taxus baccata), érbedos, etc.
3.4. Intervención estudada e mesurada á hora de retirar á madeira queimada (evitar
danos, erosión, afección patrimonio...).
3.5. Implicación da sociedade na recuperación das zonas afectadas: voluntariados,
xornadas...
3.5.1. Necesidade de apoio técnico (e económico) a asociacións e comunidades
de montes locais: saber que están facendo.

Victoria
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Petición creada en 18 de diciembre de 2020