#SOS SUÍDO SEIXO-MINA ALBERTA NON. AVALIACIÓN IMPACTO AMBIENTAL XA #DEFENDE O NOSO MONTE

#SOS SUÍDO SEIXO-MINA ALBERTA NON. AVALIACIÓN IMPACTO AMBIENTAL XA #DEFENDE O NOSO MONTE

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5000!
Con 5000 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales
SOS SUÍDO SEIXO MINA ALBERTA NON ha iniciado esta petición dirigida a Xunta de Galicia

Ante a pretensión de Recursos Minerales de Galicia, S.A. (RMG) de explotar unha mina no monte de Doade (Beariz), e da solicitude de concesión de explotación mineira Alberta I, que afecta os concellos de Avión, Beariz, Forcarei, A Lama e Cerdedo-Cotobade. 

MANIFESTAMOS:

  • A fonda preocupación pola falla de información clara, rigorosa e facilmente accesible para a veciñanza e para as persoas interesadas sobre a pretendida explotación mineira por parte das administracións competentes.
  • Que rexeitamos a decisión de non someter a explotación mineira a un procedemento de avaliación de impacto ambiental, a pesar de cumprir os supostos para que así se faga, como o de  estar situado a menos de 500 metros de núcleos poboados ou da posibilidade de contaminación e/ou afectación dos mananciais e acuíferos que abastecen a varias poboacións, nunha zona sensible por ser cabeceira de ríos e regatos que verten as súas augas ás bacías do Miño, Lérez e Verdugo.
  • Que a empresa só presenta o proxecto nunha zona, a pesar de ter intención de explotar toda a concesión, o que supón un fraccionamento artificioso para tentar eludir a normativa ambiental.
  • Que en todo o proxecto coñecido non hai un estudo rigoroso e independente dos intereses da empresa, nin se ten en conta a presenza de elementos tóxicos e radioactivos nos filóns que se explotarían e non se prevén medidas para evitar que sexan liberados ao ambiente.
  • Que a explotación mineira afectará directamente ao monte, ós seus valores naturais e culturais así como aos usos e aproveitamentos presentes e futuros, pero tamén se verán afectadas numerosas localidades, ben directamente pola perda de mananciais, tráfico pesado para ao transporte de minerais ata o porto de Vigo e polas continuas detonacións de explosivos.
  • Que os intereses e a posible afectación da saúde da veciñanza e as comunidades afectadas,  non están sendo tidos en conta, e que se está poñendo por riba de todo o beneficio económico futuro da empresa concesionaria.

POR TODO ISTO:

Solicitamos que a Xunta de Galicia someta o proxecto de explotación, presentado pola empresa Recursos Minerales de Galicia S.A., ó procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental Ordinaria e que cumpra e faga cumprir todos os requisitos que esixe a normativa vixente.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5000!
Con 5000 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales