SALVEMOS O RÍO VERDUGO

Petición Cerrada

SALVEMOS O RÍO VERDUGO

Esta petición conseguió 1,927 firmas

JESÚS DE LA VILLAR lanzó esta petición dirigida para Xunta de Galicia y

Paralicen a Central Hidroeléctrica de Ponte Inferno

Xuntas e xuntos queremos conseguir que a Xunta de Galicia paralice a central hidroeléctrica de Ponte Inferno, no río Verdugo en Ponte Caldelas (Pontevedra), que leva funcionando 131 anos. Ademais, os últimos 26 anos incumprindo tanto a concesión como a normativas de augas e ambiental o que supón un atranco insuperábel para os peixes, un deterioro ambiental do río, do seu cauce e da vexetación de ribeira así como provocando a desaparición de todas as especies migratorias onde anos atrás chegou a ter un coto de salmón. Por se isto fose pouco, este obstáculo retén parte dos nutrientes que deberían chegar á Enseada de San Simón, espazo natural que incluso alberga unha importante empresa marisqueira.

Dende a asociación A Rente do Chan-Pladever, pedímoslle á Xunta de Galicia que tome medidas con carácter de urxencia e pedímoste a ti que unas a túa sinatura ás de centos de persoas que levamos loitando dende 2005 para que se faga xustiza co río Verdugo. Liberemos as súas augas!

Esiximos:

1. Peche da central hidroeléctrica, dado que incumpre as restricións impostas pola Xunta de Galicia, que obrigan a rebaixar a altura da presa de 12 m a 6 m, a construír un paso para peixes e a realizar melloras ambientais ás que NATURGY fixo caso omiso.

 
2. Reiniciación inmediata do expediente de extinción por incumprimento da concesión. Esiximos unha explicación ao feito de que Augas de Galicia deixara caducar o expediente iniciado en decembro de 2018, favorecendo así a NATURGY e prexudicando gravemente ao río.

 
3. Compromiso ante toda a sociedade galega de non promover unha nova concesión, senón a eliminación gradual do obstáculo, para restaurar o río á mesma situación que tiña a finais do século XIX, cando se construíu unha presa de apenas 3 m de altura sobre o obstáculo natural coñecido como O Curro. Existen datos que poden orientar esta restauración para crear unha zona de rápidos no sitio onde hoxe temos unha gran muralla.

Solicitamos estas medidas porque é un acto de xustiza para o río e toda a biodiversidade asociada a él. A Xunta de Galicia debería, despois de tantos anos de inacción e de favorecer á concesionaria NATURGY, protexer e preservar os ríos galegos.

A sobreexplotación do río Verdugo debe ser detida e os danos causados corrixidos á maior brevidade posíbel!

 

(Castellano)

Paralicen la Central Hidroeléctrica de Ponte Inferno

Juntas y juntos queremos conseguir que la Xunta de Galicia paralice la Central Hidroeléctrica de Ponte Inferno, en el río Verdugo en Ponte Caldelas (Pontevedra), que lleva funcionando 131 años. Además, los últimos 26 años incumpliendo tanto la concesión como la normativa de aguas y ambiental lo que supone un atranco insuperable para los peces, un deterioro ambiental del río, de su cauce y de la vegetación de ribera así como provocando la desaparición de todas las especies migratorias (años atrás llegó a tener un coto de salmón). Por si esto fuera poco, este obstáculo retiene parte de los nutrientes que deberían llegar a la Ensenada de San Simón, espacio natural que incluso alberga una importante empresa marisquera.

Desde la asociación A Rente do Chan-Pladever, pedimos a la Xunta de Galicia que tome medidas con carácter de urgencia y te pedimos a ti que unas tu firma a las de cientos de personas que llevamos luchando desde 2005 para que se haga justicia con el río Verdugo. ¡Liberemos sus aguas!

Exigimos:

1. Cierre de la central hidroeléctrica, dado que incumple las restricciones impuestas por la Xunta de Galicia que obligan a rebajar la altura de la presa de 12 m a 6 m, a construir un paso para peces y a realizar mejoras ambientales a las que
NATURGY hizo caso omiso.

2. Reiniciación inmediata del expediente de extinción por incumplimiento de la concesión. Exigimos una explicación al hecho de que Augas de Galicia había dejado caducar el expediente iniciado en diciembre de 2018, favoreciendo así a NATURGY y perjudicando gravemente al río.

3. Compromiso ante toda la sociedad gallega de no promover una nueva concesión, sino la eliminación gradual del obstáculo, para restaurar el río a la misma situación que tuvo a finales del siglo XIX, cuando se construyó una presa de apenas 3 m de altura sobre el obstáculo natural conocido como El Curro. Existen datos que pueden orientar esta restauración para crear una zona de rápidos en el sitio donde hoy tenemos una gran muralla.

Solicitamos estas medidas porque es un acto de justicia para el río y toda la biodiversidad asociada a él. La Xunta de Galicia debería, después de tantos años de inacción y de favorecer a la concesionaria NATURGY, proteger y preservar los ríos gallegos.

¡La sobreexplotación del río Verdugo debe ser detenida y los daños causados corregidos a la mayor brevedad posible!

 

Petición Cerrada

Esta petición conseguió 1,927 firmas