Victoria

Retirar plan de experimentos peligrosos en Red Natura Cabo Vilán (Camariñas)

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 323 firmas!


Artigo orixinal de Daniel Rogero en Camarinas.eu

Calquera que tivese a ocasión de visitar o Cabo Vilán e a costa de Camariñas, no corazón da Costa da Morte coruñesa, ben sabe que poucos lugares hai na nosa xeografia que irradien tanta maxia. Un lugar no que a terra e o mar se funden nunha mesma realidade, onde as ondas arremeten maxestuosas contra os acantilados e os peñóns que salpican este bravo e fero paraxe. Unha costa chea de historia, de natureza, e de bravura. Unha bravura que se respira no seu mar e nas suas xentes. A costa da morte, un rincón afastado do mundo, cargado de lendas e misterios. A Costa da Morte, a nosa costa, está tristemente a sufrir un novo episodio de destrucción do seu patrimonio natural.

 

O paraxe natural do Cabo Vilán é un lugar de alto valor ecolóxico na nosa comarca, xa que está incluido dentro da Rede natura 2000, unha rede ecolóxica de áreas de conservación da biodiversidade na Unión Europea. Ademáis, esta declarado tamén como ZEPA (zona de especial protección para as aves) cunha gran cantidade de especies ameazadas, e por se fose pouco tamén está declarado como LIC (lugar de interese comunitario).

Pois ben, a compañía eléctrica nacional Fenosa, co beneplácito da Xunta de Galicia está a probar unha serie de equipos con líquidos tóxicos que inclúen a instalación de dous tanques de 25000 litros de sulfato de vanadio e ácido sulfúrico no parque eólico do Vilán, sen levar a cabo o menor estudo de impacto ambiental. Unha actuación que poñerá sen dúbida en perigo non só o patrimonio natural, a fauna costeira e o noso mar, do que viven tantas familias en Camariñas, se non que pode supoñer un grave perigo para a saude dos veciños do pobo e dos turistas que o visitan. Resulta irónico ao mesmo tempo que isto vaia facerse nun parque eólico que exporta a maior parte da enerxía xenerada fora da nosa comarca.

Pero unha vez máis a Xunta preferiu tenderlle a man aos intereses do gran capital e das grandes corporacións (ás que Camariñas e os Camariñáns lles importamos ben pouco), e virarlle as costas ao pobo, un pobo para o cal o mar e o turismo son os principais motores económicos e que podería ver afectados os seus ingresos en ambos sectores.

¿Pero qué se pode agardar dun goberno que vende Galicia ao mellor postor?, ¿Qué podemos agardar dun presidente que prefire pechar os ollos ante os problemas dos mariñeiros? ¿Ou dun presidente que goberna para as multinacionais en vez de para o seu pobo? Xa volo digo eu; nada.

Por iso é imprescindible a través dos gobernos locais (que teñan algo de dignidade), das asociacións e das confrarías de pescadores desta brava costa crear conciencia cidadá para facerlle fronte a este tipo de crímenes contra a nosa terra. Porque en palabras do ilustre poeta Miguel Hernández: “o que o pobo non faga polo pobo, quedará sen facer”.

Daniel Rogero Picazo
Redactor de www.Camarinas.eu



Hoy: Camarinas.eu cuenta con tu ayuda

Camarinas.eu necesita tu ayuda con esta petición «XUNTA DE GALICIA: Retirar plan de experimentos peligrosos en Red Natura Cabo Vilán (Camariñas)». Únete a Camarinas.eu y 322 personas que ya han firmado.