Creación dun centro de educación secundaria na zona rural de Culleredo
El problema
As familias de Culleredo comprobamos, ano tras ano, que a situación da educación no concello de Culleredo presenta diversos problemas que, entendemos, precisan dunha solución global, nós percibimos:
- Que non existe un centro de secundaria na zona rural do concello, o que supón unha evidente desigualdade de oportunidades dos nenos e nenas do rural como consecuencia dos tempos de desprazamento cara aos institutos do concello.
- A masificación dalgúns centros como o Eduardo Blanco Amor.
- A falta de espazo, en centros como o IES Rego da Trabe, para dar admisión a todos os alumnos que recibe dos seus centros adscritos de primaria.
- A infrautilización dun centro de primaria -Vila de Rutis- cunha matrícula mínima respecto da súa capacidade.
- A existencia de centos de alumnos desprazados dende a zona urbana ao CEIP de Tarrío.
- A infrautilización do IES Universidade Laboral en canto a liñas de bacharalato.
Demandamos unha solución por parte das autoridades que contemple todas as realidades. Inda que abertos a diferentes propostas de solucións, entendemos que estas deben pasar por:
- A creación dun centro de secundaria no rural, sexa en forma de IES ou de CPI que evite o agravio comparativo que sofren as familias do rural en canto ao acceso aos estudos obrigatorios tal e como establece a Lei orgánica 8/2013, de 9 de diciembro, de mellora de calidade educativa [LOMCE] no seu artigo 1.B “A equidade, que garanta a igualdade de oportunidades para o pleno desenvolvemento da personalidade a través da educación, a inclusión educativa, a igualdade de dereitos e oportunidades que axuden a superar calquera discriminación e a accesibilidade universal á educación, e que actúe como elemento compensador das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial atención ás que deriven de calquera tipo de discapacidade”
- A reorganización das zonas de adscrición aos diferentes centros que equilibre a demanda aos mesmos.
- Facilitar a matricula no Vila de Rutis a aquelas familias desprazadas a outras zonas do concello.
- A adscrición da futura secundaria do rural ao bacharalato no IES Universidade Laboral co fin de evitar a saturación do IES Eduardo Blanco Amor.
- Igualar, á alza, a prestación de servizos en todos os centros.
- Mentres non se de solución ao centro de secundaria no rural, habilitar liñas de bus escolar con traxectos máis curtos.

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 10 de abril de 2019