Asina pola protección da Foz do Miñor

Esta petición ha conseguido 873 firmas

El problema

Enlace á páxina web da Plataforma pola protección da Foz do Miñor.

A Foz do Miñor é unha marisma formada polos esteiros dos ríos Miñor, Groba e Belesar ao desembocar na enseada de Baiona, que constitúen un ecosistema de humidal de enorme valor biolóxico e paisaxístico. Dende 1999 é unha zona Natura 2000, co obxecto de salvagardar os seus valores naturais.

Esta zona foi tamén un importante recurso marisqueiro e deu traballo a 76 persoas. En 1998 a Xunta de Galiza, declarou a zona de clase C por contaminación fecal, situación non corrixida e que persiste na actualidade. Leva 22 anos sendo inviable a súa explotación económica. Esta contaminación e a súa afectación á Rede Natura 2000, foi denunciada na Comisión de Peticións da UE no ano 2011 (No 920/2011), seguindo aberto o procedemento na actualidade.

Un recente estudo da Universidade de Vigo determinou que  “presenta unha situación análoga a un alcantarillado a ceo aberto, con enormes deficiencias na rede de saneamento, e múltiples entradas de augas fecais non depuradas”. Por tanto, e para corrixir esta situación, os abaixo asinantes esiximos:

1º.‐ Que as autoridades competentes leven a cabo todas as accións necesarias para eliminar a contaminación fecal na Foz do Miñor, como corresponde a un espazo natural protexido, que pertence á Rede Natura 2000 e é un importante banco marisqueiro.

2º.‐ A ampliación do espazo Rede Natura 2000 augas arriba, ata a ponte da Xunqueira, co que case duplicaría a súa superficie, tal e como fora proposto pola Consellería de Medio ambiente en 2008, pero que non se levou a cabo coa ampliación da Rede realizada en 2012.

avatar of the starter
Plataforma pola Protección da Foz do MiñorCreador de la peticiónPlataforma constituída o 23 de Abril de 2016, que ten como obxetivo básico a rehabilitación, recuperación e saneamento da Foz e de todo o río Miñor, para beneficio dos veciños e veciñas, mariscadoras, turistas e xente do Val en xeral.

Los destinatarios de la petición

CONCELLO DE GONDOMAR
CONCELLO DE GONDOMAR
Concello de Nigrán
Concello de Nigrán
Concello de Baiona
Concello de Baiona

Actualizaciones de la petición