AP-9 entre Ferrol e A Coruña SEN PEAXE

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 15.000!


Ninguén discute que a situación económica e demográfica da nosa cidade é alarmante, e é por iso que, ante o abuso e discriminación negativa que se está a dar coa nosa cidade dende a Xunta de Galicia e dende o Goberno de España, precísaxe adoptar medidas inmediatas e urxentes que rematen con esta sangría económica e demográfica que está a padecer Ferrol.
Un dos asuntos que nos motivan para a presente solicitude é a incomunicación que estamos a sufrir dende hai moitos anos por liña ferrea, cunha liña de tren que podemos calificar de tercermundista, e á cal tampouco se lle pon remedio dende as administracións competentes.
Visto o anterior, a única maneira que temos para realizar desplazamentos coa precisa axilidade é a Autoestrada AP-9, xa que a estrada nacional non é operativa para desprazarse de maneira rápida que se precisa por motivos laborais ou comerciais.
Hoxe en día é un lastre importante que estamos a padecer a veciñanza de Ferrol coa peaxe da AP-9, o cal sen dúbida afecta negativamente á recuperación demográfica da nosa cidade, ésta peaxe fai máis pobres e menos competitivas ás nosas, xa de por sí, escasas empresas. E isto ten unha indiscutible repercusión tamén no emprego, xa que a peaxe limita a cantidade de visitantes a Ferrol e polo tanto incide negativamente na desenrrolo económico das nosas empresas, da hostelería e do comercio.
A nosa situación xeográfica, nun dos extremos da AP-9, é outro motivo para solicitar a eliminación do peaxe, xa que obviamente temos maior cantidade de kilómetros que recorrer cando nos desplazamos por autoestrada, pero sen embargo isto non sucede co outro extremo, Vigo, que disfruta de importantes descontos sobre todo despóis da última tarifa de prezos que entrou en vigor.
Ferrol precisa xa de medidas que teñan o seu efecto dende o primeiro día para recuperse económica e demográficamente, medidas coas que contrapoñer o aillamento, a incomunicación, que estamos a sufrir, sen tren e tendo como principal vía de comunicación por estrada unha autoestrada de peaxe o único futuro posible é máis aillamento, menos poboación e peor situación económica.

O PSOE non renuncia á millora do transporte público, incluido o tren, pero o tempo para Ferrol esgótase e é tempo de actuar.
Por todo o anterior, no Partido Socialista estamos na obriga de defender o progreso de Ferrol, e esta é unha medida que sen dúbida poder ser levada a cabo pola Xunta de Galicia e o Goberno de España, é o momento de poñer a Ferrol como prioridade dende todas as administracións. Ferrol non pode agardar máis.



Hoy: Agrupación Socialista de Ferrol cuenta con tu ayuda

Agrupación Socialista de Ferrol PSdeG-PSOE necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: AP-9 entre Ferrol e A Coruña SEN PEAXE». Únete a Agrupación Socialista de Ferrol y 14.711 personas que ya han firmado.