Petition update#VoltaSegura Xunta de Galicia: queremos saúde nas nosas escolas!Distancia de seguridade, non mamparas!
Sérgio Nunes GarciaCangas, Spain
12 Sept 2020

Grazas ao teu apoio logramos que o 31 de agosto a Consellería aceptara que hai que baixar as ratios do alumnado mantendo a distancia de 1,5 m. Mais agora nos encontramos cunha Consellería totalmente anovada na que a primeira decisión foi recuar e voltar ao metro de separación, agora con mamparas. Ou ben propor a semipresencialidade.

Non podemos aceptar este retroceso: necesitamos presencialidade, estar todas na aula con seguridade!

O despropósito levou a que despois de 6 meses de pandemia non houbo planificación, nin organización, nin nada que permitira iniciar o curso con seguridade. E agora deciden, ante a súa inoperancia, adiar unha semana o início do curso escolar.

Temos que seguir presionando para lograr o que todas queremos: iniciar o curso con seguridade e presencialidade.

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X