Sérgio Nunes GarciaCangas, Spain
Sep 4, 2020

Baixamos a ratio nas nosas aulas! Por fin, logo de 2 meses de loita e denuncia, a Consellería de Educación aceptou o que era unha evidencia: a distancia entre o alumnado debe de ser de 1,5 metros tamén dentro das aulas.

Grazas a todas vós, o voso apoio e difusión e a presión da comunidade educativa logramos este primeiro punto do noso manifesto. Estes días os centros educativos recibiron instrucións de reducir a ratio nas aulas para garantir en todo momento esta distancia. Isto supón que pasemos de 30 e 33 alumnos a 15-20 como máximo! 

Un éxito colectivo! Seguiremos informándovos dos novos avanzos que fagamos.

 

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X