
No mundo xa están abrindo escolas e iniciando os cursos escolares con diferentes protocolos e só hai dúas opcións: ou facer fronte de verdade á situación ou seguir como se todo fose igual.
A Consellería de Educación aposta por seguir igual: máis documentación, máis burocracia, pero todo o resto non cambia. As mesmas ratios, o mesmo persoal docente, o mesmo persoal non docente, non hai incremento de fondos para os centros, non hai variación de calendarios escolares, non hai previsión de situacións semipresenciais.
Por que non se opta por solucións alternativas segundo a situación para evitar peches de escolas? Non hai posibilidade de diferentes quendas horarias? De posibilidades de semipresencialidade?
Infórmate, asina, difunde!
https://www.farodevigo.es/sociedad/2020/08/13/firmas-vuelta-colegio-segura/2326242.html