Petition update#VoltaSegura Xunta de Galicia: queremos saúde nas nosas escolas!Presenta unha queixa á Valedora do Pobo por unha #VoltaSegura!
Sérgio Nunes GarciaCangas, Spain
Aug 11, 2020

O noso movemento comezou no IES de Rodeira (Cangas) para lograr unha #VoltaSegura na nosa escola. Mais pouco e pouco foise sumando moita outra xente, docentes, alumnado e familias, desde outras perspectivas e situacións, mais cunha máxima común: sen medidas extraordinarias non se pode asegurar a saúde das nosas familias!

Recentemente sumámonos ao cancelo #VoltaSegura (#VueltaSegura) que iniciou a compañeira MaestraEnfurecida porque cremos que é unha loita na que todas estamos xuntas. Nos próximos días iremos anunciando outras accións relacionadas.

Mais non debemos esquecer que é a Consellaría de Educación da Xunta de Galiza a que ten que exercer as súas competencias educativas e dotar de máis persoal docente, non docente e reforzos para lograrmos aulas seguras no 2020-2021. E por iso tamén nos sumaremos en breve ao cancelo #seguridadeigualdadeprioridade das nosas compañeiras de "Profesorado en pé" (https://www.facebook.com/profesoradoenpe/

Agora pedímosvos un paso máis: presenta a túa queixa ante a Valedora do Pobo. Hai múltiples razóns polas que o facer, mais para nós hai unha que está por riba de calquera outra pois se basa nunha falsidade a partir da cal fundamentan unha serie de medidas no Protocolo Covid da Consellaría de Educación. Para facelo entra na páxina que achegamos (https://www.valedordopobo.gal/presentar-unha-queixa/ e pon a túa queixa. A xeito de modelo propomos este texto, mais podes usar o que queiras:

"O Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021 (V.22/07/20), establece (p.15) que "3.1. Durante as clases en aulas nas que o alumnado se dispoña sentado en pupitres e todos orientados nun mesmo sentido, establecerase unha distancia física mínima de 1 metro sen uso de máscara. Esta distancia é a recomendada pola Organización Mundial da Saúde para os centros educativos (...) Para a ordenación dos espazos escolares nas aulas tomarase en consideración o centro da cadeira onde se sitúe ao alumnado e gardarase, cando menos, 1 metro de distancia respecto dos centros das restantes cadeiras que a rodeen."
No entanto, a OMS establece (p.4) no seu documento "Considerations for school-related public health measures in the context of COVID-19" (10/05/2020) (recuperado de https://www.who.int/publications/i/item/considerations-for-school-related-public-health-measures-in-the-context-of-covid-19 que: "Physical distancing at school
• Increase desk spacing (at least 1 metre between desks), stagger recesses/breaks and lunchbreaks (if difficult, one alternative is to have lunch at desk)".
Isto significa que o metro de separación que establece a OMS é entre mesas, deixando o espazo libre entre elas de 1 metro o que na práctica significa arredor de 1,5m entre alumnado. Pola contra a forma de medir da Consellaría faise a partir do centro da cadeira o que implica que a distancia real entre alumnado sexa inferior a 0,6 metros."

Grazas, entre todas imos logralo! E lembra difundir entre toda a comunidade!

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X