
O emoji da bandeira de Galicia non existe dentro da lista de bandeiras. Non obstante, hai a de Gales ou Escocia, por mencionar rexións que forman parte doutras nacións, como no caso do Reino Unido. Galicia estivo habitada continuamente dende o Paleolítico ata a actualidade, cunha longa historia de intercambios con outras rexións europeas. Dende o século IX, co culto á figura do apóstolo Santiago na cidade de Santiago de Compostela, Galicia converteuse nunha rexión de grande importancia para o fortalecemento ideolóxico dos reinos cristiáns ibéricos durante a Reconquista: é o principal centro relixioso e destino dos peregrinos, que á súa vez fortalece os lazos con Europa. Deste xeito, o Camiño de Santiago convértese nun polo cultural a través do cal se espallan a arte románica ou as letras dos trobadores medievais, entre outras.
Neste ano de 2021 celébrase un dos 15 santos anos xacobeos que acontecerán ao longo deste século. Por motivos históricos e identitarios, cremos que Galicia ten a súa propia bandeira dentro dos emojis dispoñibles. Aínda que se sabe que hai dúas versións da bandeira de Galicia, esta solicitude busca que sexa a bandeira oficial (cun escudo) a que se incorpore como emoji, xa que non hai ningunha restrición no seu uso pola poboación civil.
Máis información en: Galicia na Galipedia (Galego) Bandeira de Galicia (Galego)