Petition Closed

Pola protección dun animal en perigo de extinción, o Oso Pardo, en Galicia.

Letter to
Presidente de Galicia Alberto Núñez Feijóo
Conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández Fernández de Rojas
SI ao plan de protección do Urso (Oso Pardo) en Galicia (2013)

En Maio de 2013 a conselleria de Medio Ambiente e o Presidente da Xunta de Galicia presentaron a revisión do Plan de Protección do Oso Pardo en Galicia. Eu firmo esta petición pedindo formalmente a D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia e D. Agustín Hernández Fernández de Rojas, Conselleiro de Medio Ambiente, que o plan previsto siga adiante e non sexa retirado por presiois de ningún tipo, sexan de personas particulares ou colectivos. Asi mesmo, instamos a mantener o total do territorio previsto na protección medioambiental, e sexa nun futuro ampliado a outras zonas como Quiroga, A Fonsagrada e Pena Trevinca cando a presenza de osos sexa confirmada.

Asi mesmo, instamos ao goberno galego, ao seu Presidente e o Conselleiro de Medio Ambiente que nun futuro próximo se declare as comarcas de Ancares (Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Becerreá, Baralla) e Courel (Folgoso do Courel, Quiroga) espazos protexidos na figura de Parques Naturais.

E como tal firmo esta petición esperando que sexa atentida.