SI A UN RURAL VIVO. NON AOS MONOCULTIVOS INTENSIVOS

El problema
Ás consellerías de Medio Ambiente, do Medio Rural e a Augas de Galicia.
Apoiamos a iniciativa dun grupo de veciños dos concellos afectados pola subzona Ribeira do Ulla da Denominación de Orixe Rías Baixas, para conservar a identidade e calidade ambiental do val do río Ulla fronte á transformación de grandes superficies da masa forestal, mosaico agropecuario e terreos que rodean as casas en cultivos intensivos de viñedo.
Por isto pedimos que:
1) se deneguen todas as novas solicitudes de talas de masas forestais na zona para a súa transformación en viñedos, xa que as realizadas ate a data xa son excesivas e comprometen a nivel local os múltiples servizos ambientais do monte recollidos no art. 4 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes;
2) que non se subvencione por parte da Administración novas superficies destinadas ao cultivo de viñedos de escala industrial que precisen tratamentos intensivo de fitosanitarios, xa que consideramos que a a capacidade de acollida dese territorio para este tipo de explotacións xa foi superado;
3) que se protexan fronte a este tipo de cultivo a contorna dos núcleos rurais e vivendas e de explotacións agrarias ecolóxicas ou sostibles (orgánicos, biodinámicos, etc), as brañas e outras zonas húmidas e as ribeiras dos cursos fluviais.
XUSTIFICACIÓN DA PROPOSTA CONTRA IMPLANTACIÓN MASIVA DE VIÑEDOS PARA A PRODUCIÓN INDUSTRIAL DE VIÑO NO VAL DO RÍO ULLA
Os veciños do val do río Ulla teñen recibido dos seus antepasados un bo lugar onde vivir nunha fermosa terra que conservou un mosaico agropecuario onde as aldeas coexisten con bosques de piñeiros e carballos e cultivos máis ou menos tradicionais de trigo, pataca, millo, pasteiros, castiñeiros, ou froiteiras e vide.
Os veciños están indefensos ante esta transformación, na que capitais externos con axudas públicas perseguen sacar o máximo rendemento económico desta terra. Contrasta ver como proxectos moito máis irrelevantes sométense a procedementos de avaliación ambiental con participación pública e neste caso só asístese a feitos consumados.
O número indeterminado e crecente deste tipo de intervencións está producindo unha acumulación de impactos ambientais sinérxicos que se intensificarán no futuro coa posta en explotación destes cultivos. En particular, destacamos os seguintes:
Perda de masas forestais, con intensificación dos efectos cambio climático:
Os terreos forestais como os que se están transformado (non as plantacións intensivas) son provedores de múltiples servizos ambientais, entre eles, a protección do solo e do ciclo hidrolóxico; a fixación del carbono atmosférico, fonte de diversidade biolóxica e elementos fundamentais da conectividade ecolóxica e da paisaxe. En particular, estes bosques teñen un papel moi importante modulando o clima local, mantendo unhas condicións de temperatura e humidade ante a tendencia a variacións extremas ás que nos dirixe o cambio climático. Pola contra, os cultivos leñosos de vide están entre os que máis favorecen a erosión do solo1, coa conseguinte perda do carbono retido, da capacidade de infiltración e retención de agua e da recarga de augas subterráneas, coa consecuencia de que a paisaxe se volve máis propensa á seca.
Contaminación por produtos fitosanitarios:
O cultivo da vide para a produción industrial de viños é unha das prácticas agrícolas que maior uso fai de produtos fitosanitarios. Ademais, na zona atlántica de Galicia a alta afección na vide por patoloxías fúnxicas fai que os tratamentos sexan moito máis frecuentes que en outras zonas. O problema agravase bastante máis no val do río Ulla, onde para evitaren perdas nas colleitas de albariño son necesarios máis tratamentos de funxicidas ao ano que os que se precisan na zona do Salnés.
Estes produtos espállanse polo aire e diversos estudos científicos de zonas de viñedos intensivos detectaron que se acumulan no solo e nas augas das zonas afectadas, así como nos animais e na propia poboación humana residente. A normativa europea recoñece que estes produtos poden causar efectos negativos significativos sobre a saúde humana pola deriva da pulverización na atmosfera ou na auga potable. O persoal que aplica estes tratamentos van protexido e só permanece un tempo reducido na zona, pero aos veciños no lles queda outra que respirar ese aire contaminado todo o día e sen protección.. Ademais, este problema pode agravarse neste val debido á súa topografía, que limita a renovación do aire e favorece os episodios de inversión térmica.
Afección sobre outras actividades agrarias:
A superficie crecente destes viñedos intensivos xa está supoñendo un freo ao desenvolvemento doutras actividades agrarias máis sostibles. Así, as explotacións gandeiras están tendo problemas de dispoñibilidade de pasteiros e terreos para o cultivo de cereais que non estean afectados pola aplicación dos fitosanitarios dos viñedos lindeiros.
Perda da biodoverisdade:
É ben coñecido que as paisaxes transformadas en monocultivos perden a súa biodiversidade, especialmente cando requiren un uso intensivo de produtos fitosanitarios .Isto crea un efecto baleiro para a biodiversidade local (flora e fauna), interrompendo as dinámicas poboacionais e cerceando elementos que serven de refuxio e corredores ecolóxicos. A perda de biodiversidade por esta causa no val pode exemplarizarse pola desaparición de diversas aves (pica das árbores, cotovía pequena, picanzo vermello, por exemplo). Por outra banda, os produtos fitosanitarios utilizados acaban nos mananciais e leitos fluviais, afectando aos hábitats e especies acuáticas que se pretenden protexer na ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza da Rede Natura 2000.
Afección aos cursos de auga e acuíferos:
Por unha parte este tipo de cultivos volve os terreos máis propensos á seca e por outra os produtos fitosanitarios utilizados acaban contaminando as augas subterráneas, os mananciais e os cursos fluviais, afectando ao subministro das augas empregadas para o abastecemento. Especialmente grave é o que pasou na parroquia de Donas, onde a transformación dos terreos forestais para viñedos non respectou ningunha cautela ambiental e levou a que se perderan grandes cantidades de terra pola erosión hídrica e tivo como consecuencia que secaran varios regos e mananciais da zona.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Compartir esta petición
Petición creada en 27 de septiembre de 2023