Seleccións deportivas galegas XA!

Seleccións deportivas galegas XA!

El problema

Ao Presidente da Xunta de Galiza
Ao Presidente da Real Federación  Galega de Fútbol

Ante o noticia do regreso  da selección galega de fútbol, despois de oito anos sen disputar ningún partido, Vía Galega denuncia que tiveramos que agardar todo este tempo para só asistir ao anuncio dun encontro amigábel da selección masculina, marxinando, de novo, a selección feminina. Renúnciase, máis unha vez, a fixar un calendario de encontros anuais e a conseguir que Galiza teña dereito a competir coas súas seleccións deportivas absolutas a nivel oficial e internacional.

Fúrtasenos o dereito a competir como galegos e galegas como si o fan outros países como Gales, Escocia, Illas Feroe, etc. que,  sen ter tampouco estado propio como Galiza, compiten internacionalmente coas súas seleccións. O máis preocupante é que a Xunta da Galiza nin sequera esixe competencias plenas no ámbito deportivo para poder competir a todos os niveis, sen restricións, e rematar coa nosa subordinación ás federacións españolas. Cómpre, tamén, un cambio de rumbo na Federación Galega de Fútbol para que asuma como unha prioridade un calendario estábel para a selección feminina e masculina.

A configuración centralista e españolizadora do Estado Español prohibe podermos competir   oficialmente. Todo o que nos identifica e afianza como galegas e galegos obsérvase como un perigo polo españolismo. Esta é a razón polo que se nos nega un dereito tan elemental como é o de termos as nosas seleccións deportivas. Pois, as seleccións nacionais representan a todo o pobo galego, alimentan o sentir e o orgullo de pertenza a unha nación. Afianzan a autoestima e a identidade colectiva e tenden lazos de amizade e solidariedade.

O dereito a competir coas nosas seleccións, baixo a nosa bandeira e himno, é un dereito que nos asiste como galegos e galegas e que non pode ser prohibido por  máis tempo. Está nas súas mans  e teñen a responsabilidade de facelo posíbel.

Por todo o anterior, as persoas abaixo asinantes exiximos:

  • O dereito a podermos competir a nivel oficial e internacional coas nosas seleccións deportivas.
  • Fixación inmediata dun calendario estábel de competicións para as seleccións galegas.
  • Competencias lexislativas plenas para que os nosos e as nosas deportistas teñan máis oportunidades, para o recoñecemento oficial das nosas seleccións, para rematar coa nosa subordinación ás federacións españolas e para amosarnos como nación que somos.

avatar of the starter
Vía Galega .Creador de la peticiónVía Galega é unha plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, creada en 2018 a partir da xuntanza de máis de 40 entidades de diferentes tipos e eidos.

2237

Los destinatarios de la petición

Alfonso Rueda Valenzuela
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente da Xunta de Galicia
Rafael Louzán Abal
Rafael Louzán Abal
Presidente Federación Galega de Fútbol

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 26 de abril de 2024