UNESCO: PARALICE AS OBRAS DE DESTRUCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO #oCamiñoNONsedestrúe

El problema
O Camiño de Santiago é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Hai 9 meses que lle trasladamos o noso temor sobre as obras que a Axencia Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) está a realizar nos Camiños de Santiago que discorren polo territorio galego. Se peregrinaches a Santiago no último ano atoparíaste de fronte coa maquinaria e cun aspecto do Camiño moi diferente a como o imaxinabas.
Son obras que transforman o camiño físico e o seu propio entorno, traballos de construción cunha orientación totalmente urbanizadora: abríronse , puxéronse adoquinados, alterouse a rasante do chan… Usouse todo tipo de materiais de construción, gravas, saburra artificial e cementos.
Un Camiño Histórico transformado pouco menos que nunha autoestrada e sen volta atrás! Non se trata dunha simple chafallada máis, trátase da destrución de patrimonio histórico, cultural, natural e espiritual e da destrución das raíces da peregrinación xacobea que se mantiveron no tempo por máis de 1200 anos, nas que se integra unha paisaxe natural excepcional e un patrimonio material e inmaterial que ESTÁ SENDO DESTRUÍDO.
A conservación do Camiño DEBE E PODE facerse doutra maneira. O que están facendo non facilita o tránsito dos peregrinos nin mellora o estado das vías medievais, senón que destrúe totalmente o encanto do Camiño e da nosa terra.
Precisamos da túa axuda para facer chegar á UNESCO a nosa petición, que conteste, que revisen as obras paralizándoas con urxencia (cada vez aparecen máis proxectos e novos treitos de obra sen xustificación ningunha e sen avaliar axeitadamente o seu impacto natural e patrimonial). A alguén se lle ocorre que pasara isto nas Pirámides de Exipto, na Gran Muralla China ou nas Cataratas de Iguazú? Todos declarados Patrimonio Mundial. Por qué Spain sempre é #different?
AQUÍ podes acceder ó escrito enviado á UNESCO/ICOMOS con data do 26 de Xullo de 2016 e ós distintos proxectos de “construción e acondicionamento” do Camiño de Santiago.
AQUÍ podes acceder ás fotos do Camiño, antes e despois das obras.
AQUÍ podes acceder á candidatura do Camiño a Patrimonio da Humanidade, presentado ante a UNESCO, e na que se destacaba a garantía do mantemento das características de autenticidade e integridade da ruta, o que agora non se cumpre!
ASINA para que a UNESCO paralice as obras da Xunta que están destruíndo un dos patrimonios máis importantes do mundo e salva o carácter tradicional do CAMIÑO DE SANTIAGO.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 18 de mayo de 2017