Petition Closed
Petitioning Secretaría xeral de Ordenación do territorio e urbanismo and 2 others
This petition will be delivered to:
Secretaría xeral de Ordenación do territorio e urbanismo
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Presidente da Xunta de Galicia

Salvemos Fontán, paremos a estrada!

As e os abaixo asinantes manifestan a súa total oposición e desconformidade co proxecto do novo vial de acceso ao porto de Fontán (Sada, Galicia) polos evidentes prexuizos que afectarán gravísimamente á súa contorna e ao seu entorno paisaxístico de gran valor e riqueza (tales como a praia de Morazón ou o Castelo de Fontán, clasificado como Ben de Interese Cultural polo Decreto do 22 de abril de 1949) ao que se suma o altísimo custo do último tramo ocasionado polo elevado desnivel existente en relación co porto; prexuizos independentes da posíbel ilegalidade de dita obra. Ao mesmo tempo cabe sinalar a falta de necesidade do devandito vial tendo en conta que o porto de Fontán ten moi limitada a súa actividade, entre outros motivos polo escaso calado do mesmo que non permite determinado desenvolvemento comercial. Ademais a intensidade de tráfico que suporia o novo vial non poderia ser absorvida pola actual rede viaria do porto e orixinaria fortes alteracións nas actividade cotiás e negocios existentes na zona do porto de Fontán.

---

Las y los que abajo firman, manifiestan su total oposición y disconformidad con el  proyecto del nuevo vial de acceso al puerto de Fontán (Sada, Galicia) por los evidentes perjuicios que afectarán gravísimamente a su contorno y a su entorno paisajístico de gran valor y riqueza (tales como la playa de Morazón o el Castillo de Fontán, clasificado como Bien de Interés Cultural por el Decreto del 22 de abril de 1949) al que se suma el altísimo coste del último tramo ocasionado por el elevado desnivel existente en relación con el puerto; perjuicios independientes de la posible ilegalidad de dicha obra. Al mismo tiempo cabe señalar la falta de necesidad del susodicho vial teniendo en cuenta que el puerto de Fontán tiene muy limitada su actividad, entre otros motivos por el escaso calado del mismo que no permite determinado desarrollo comercial. Además la intensidad de tráfico que supondría el nuevo vial no podría ser absorbida por la actual red viaria del puerto y originaría fuertes alteraciones en las actividades cotidianas y negocios existentes en la zona del puerto de Fontán. 

---

+info: http://fontannarede.wordpress.com/salvemos-fontan-colabora/


Letter to
Secretaría xeral de Ordenación do territorio e urbanismo
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Presidente da Xunta de Galicia
Gustaríanos manifestar a nosa total oposición e desconformidade co proxecto do novo vial de acceso ao porto de Fontán (Sada) polos evidentes prexuizos que afectarán gravísimamente á súa contorna e ao seu entorno paisaxístico de gran valor e riqueza (tales como a praia de Morazón ou o Castelo de Fontán, clasificado como Ben de Interese Cultural polo Decreto do 22 de abril de 1949) ao que se suma o altísimo custo do último tramo ocasionado polo elevado desnivel existente en relación co porto; prexuizos independentes da posíbel ilegalidade de dita obra. Ao mesmo tempo cabe sinalar a falta de necesidade do devandito vial tendo en conta que o porto de Fontán ten moi limitada a súa actividade, entre outros motivos polo escaso calado do mesmo que non permite determinado desenvolvemento comercial. Ademais a intensidade de tráfico que suporia o novo vial non poderia ser absorvida pola actual rede viaria do porto e orixinaria fortes alteracións nas actividade cotiás e negocios existentes na zona do porto de Fontán. En definitiva, afectaría como mínimo aos seguintes eidos:

1. Económico, dado que o custo do tramo final supón un desembolso maior que o do resto dos tramos, dada a dificultade técnica da realización do mesmo polo desnivel que debería salvar.

2. Paisaxístico e natural, porque afectaría a unha zona de costa pola que, entre outros aspectos, transcorre o roteiro Costa Doce, e na que habitan especies autóctonas e vulnerabeis.

3. Patrimonial, porque segundo o proxectado un túnel fozaría os terreos sobre os que se asenta o Castelo de Fontán, fortín defensivo do século XVIII (BIC, D. 22 abril 1949).

4. Social, porque fracturaría en dous o pobo de Fontán, ocasionando danos irreparabeis nunha boa parte del.

5. Turístico, porque Fontán, como barrio típico mariñeiro, é hogano un dos atractivos turísticos da vila de Sada (A Coruña), e conta no seu haber con arquitectura tradicional, ruínas do fortín defensivo do século XVIII, ou a praia de Morazón, con recoñecidas augas excelentes para o baño.

Atentamente,