Recoñezamos a Muiñeira de Chantada

El problema

A música tradicional, como tamén o baile, cumpren unha función de identificación comparable á das bandeiras ou outros emblemas representativos de certos colectivos. Exemplo disto son a sardana para Catalunya, o zortziko para Euskadi, a xota para Aragón e, evidentemente, a muñeira para Galicia. Unha representatividade que xa lle recoñecía MurguíaCremos que ningunha outra provincia de España coñeza tan rara metrificación, ca que a gran melodía, só perciben oídos afeitos a iso, podendo decirse, dende logo, que é o noso metro tradicional”, tal e como recolle no seu estudo de antropoloxía e musicoloxía o autor Josep Martí Pérez (1998).

A Muñeira de Chantada é, das muñeiras, a máis representativa e recoñecida. Unha peza composta en 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, da Banda do Ferraias, e que logo adaptaría o fillo de Manuel, Vitoriano Fernández García, e que se estrearía nunha parroquia do noso concello, Veiga.

A súa popularización chegou despois, grazas ós Gaiteiros de Soutelo, quenes en 1928 fixeron a primeira gravación da peza. E máis tarde, en 1978, foi Son de Lalín quen colou a esta muñeira incluso en pistas de baile de numerosos paises de Europa.

É importante destacar a resiliencia desta melodía popular. Pode ser adaptada para calquer xénero musical, que a melodía seguirá sendo igual de recoñecible.
Europop con Son de Lalín, celta con Milladoiro, World Music (galés) con Aberjaber, clásico con Antonio Seijo....Incluso pode ser reimaxinada con sonoridade de música antiga (co álbum de Linn Barnes e Allison Hampton) ou incluso rap como fixo o grupo do noso concello TIAM Gz coa súa peza “Munhei-Rap de Chantada” en (DE)CONSTRUCCIÓN,2021, que esta melodía seguirá sendo igual de pegadiza e identitaria.

A Muiñeira de Chantada é un símbolo representativo e identificatorio para o pobo galego e forma parte da súa idiosincrasia e ten un enorme valor cultural e antropolóxico. Así o demostra, por exemplo, o programa de radio Sempre en Galicia, feito por emigrantes e exiliados galegos no Uruguai e que se emitía neste mesmo país dende 1950 tendo como son de introducción do programa a Muñeira de Chantada interpretada ó piano por Emilio Pita (poeta e músico exiliado) tal e como recolle o estudo de Mónica Rebolo feito en 2006.

Con outras palabras, a Muiñeira de Chantada por si soa articula a identidade do pobo galego, o que a convirte en autosuficiente.

Da igual o discurso (a orixe celta, a propia galeguidade, a búsqueda do éxito comercial, a validación como grupo de música tradicional....), o importante é que usar a Muiñeira de Chantada é un valor seguro.

Cremos que esta pez merece un recoñecemento maior, que chegaría solicitando que se considere Ben de Interés Cultural (BIC) por decreto do Consello da Xunta de Galicia como un primeiro paso antes de solicitar a consideración de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade por parte da UNESCO que ten entre os seus obxectivos a sensibilización no plano local, nacional en internacional do patrimonio cultural inmaterial e que recolle tamén as tradicións e artes do espectáculo así como os seus usos sociais.

Do mesmo xeito, cremos que a Muiñeira ten ademais unha gran relevancia xa que espalla o nome do noso concello alén incluso das fronteiras de Galicia e tendo Chantada, unha gran forza de grupos musicais relacionados coa Muiñeira, tanto na música coma no baile), como a Banda de Gaitas, os grupos tradicionais da Escola de Música e, por suposto, a Banda de Música que remata todas as súas actuacións con esta peza.

Para amosar a importancia social desta peza perante as institucións, impulsamos esta petición.

Cremos que os anteriores argumentos, que só son algúns dos que existen, explican ben o recoñecemento que a Muiñeira de Chantada merece!

731

Apoyar ahora

731

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 11 de mayo de 2024