Recoñecer a agresión a Ismael Rey

Victoria

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 36 firmas!

El problema

Ola a todos, o meu nome é Ismael Rey. Quero compartir unha situación profundamente angustiosa que sufrín recentemente no evento de wrestling Made in Vigo 3. Durante o espectáculo, unha espectadora, concretamente, a avoa do meu oponente Ace, sen provocación algunha pola miña parte, agrediume fisicamente, para facilitar a vitoria do seu neto. Este acto de violencia non só foi unha violación dos meus dereitos persoais, senón que tamén puxo en perigo a miña seguridade.

Esta áspera experiencia deixounos a min e á miña familia conmocionados e angustiados. Considero de vital importancia que este tipo de comportamentos se recoñezan formalmente e que haxa consecuencias xustas para quen os cometa. A violencia, en calquera forma, non debe ser tolerada nin ignorada.

É por iso que estou levantando esta petición para esixir ás autoridades do evento e aos corpos de seguridade que se recoñeza oficialmente a agresión padecida e que tomen as medidas necesarias para evitar futuros incidentes, asi como, que se recoñeza a Ismael Rey coma vencedor do combate. Non só estou a falar por min, senón por todos os que asisten a eventos públicos e merecen estar a salvo.

É esencial que os eventos deportivos, coñecidos polo seu poder de unir á xente, sexan un lugar seguro tanto para os que compiten coma para os espectadores. Recoñecer esta agresión é dar un paso cara á eliminación da violencia en lugares onde a xente debería estar segura.

Asinando esta petición, estás a apoiar unha causa fundamental na loita contra a violencia e axúdasnos a garantir que os organizadores do evento implementen medidas de seguridade máis estritas para protexer a todos os asistentes. Por favor, únese a min para asegurar que se faga xustiza.

Asina a petición e fai que a túa voz tamén conte nesta causa xusta. Grazas polo teu apoio.

Actualizaciones de la petición