Queremos "Casablanca" en galego

63

¡Alcancemos 100 firmas!
¡Las peticiones con más de 1000 firmas tienen 5 veces más posibilidades de ganar!

El problema

Nos últimos anos, o interese polo idioma galego creceu significativamente, e con el, tamén medrou a demanda de contidos culturais nesta lingua. Aínda así, aínda existen grandes lagoas na oferta de películas dobradas ou subtituladas ao galego. Usando un exemplo coñecido, "Casablanca", unha icónica película da era dourada de Hollywood, estreouse en galego na Televisión de Galicia o 2 de maio de 2010. Pero a dia de hoxe non se pode ver no noso idioma nen na web da TVG nen tampouco nas plataformas audiovisuais, onde sí se dispón das versións en catalán e euskera.

A presenza do galego nas producións audiovisuais é esencial para preservar e promover a nosa identidade cultural. Segundo a Lei de Normalización Lingüística, o galego debería ser promovido nas institucións culturais e educativas, así o esixe a nosa lexislación. No entanto, películas clásicas tan relevantes como "Casablanca" permanecen inaccesibles para quen prefira ou necesite consumir medios nesta lingua.

A dobraxe destas películas permitirá que máis galegofalantes se conecten coas historias e personaxes icónicos que marcaron a historia do cinema. Coñecendo o poder dos clásicos nunha ampla audiencia, isto tamén axudará a aumentar o interese e a participación noutros eventos culturais realizados en galego.

Por favor, únete a nós para pedirlles ás distribuidoras de cine, á TVG, á Xunta de Galicia e ás plataformas de streaming que consideren a posibilidade de ofrecer tamén en galego películas clásicas como "Casablanca" . Asina esta petición para apoiar a diversidade cultural e lingüística.

 

Actualizaciones de la petición