Sr Feijoo os docentes galegos Si que sabemos en que gastar eses 2000 millóns.

Sr Feijoo os docentes galegos Si que sabemos en que gastar eses 2000 millóns.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5.000!


Señor Don Alberto Núñez Feijoo, Presidente da  Xunta de Galicia:
parece que sinte vostede certa inquedanza e inquietude sobre os cartos que dende o Estado Español lle confían a vostede para reforzar  o sistema educativo despois de ter sufrido toda a comunidade escolar ( alumnado, familias, docentes, persoal non docente) as consecuencias debidas ao confinamento causado polo COVID-19.

Penso que sobran motivos para facer a inversión pero, por se está desorientado e dubida se é necesaria esa inversión, voulle facer certas indicacións:

1º: Comezamos polas infraestruturas:

-          Temos uns patios destinados aos momentos educativos dedicados a actividades ao aire libre ( entradas e saídas do alumnado, actividades lúdico- deportivas, actividades complementarias que se poden facer ao aire libre, etc) que se poden pintar e adecuar á concepción do de debe ser un centro escolar pero que son máis propios de centros carcelarios: grises, cheos de formigón, sen un espazo con árbores ou herba, sen oferta lúdica para que os nenos e as nenas poidan aprender a xogar de xeito cooperativo.

Mire vostede onde pode empregar proveitosamente unha partida deses cartos que proceden do que todos pagamos como impostos.

-          Pode vostede adecuar con parte deses cartos, os espazos para actividades deportivas dentro do centro escolar , ben sexan pabellóns pertencentes ao centro escolar ou patios cubertos acomodados como se puido para esas actividades.

-          No interior do centro escolar, necesítanse xanelas novas, que sexan fáciles de abrir e pechar, que non deixen entrar o frío e saír o calor das calefaccións. .
Pode preparar uns cartiños para dar unha man de pintura, que hixenizaría os espazos.

-          Pode destinar unha partida para adecuar os aseos as necesidades do alumnado e profesorado.

-          Pode comprar un mobiliario que se axuste debidamente ás necesidades e características de cada etapa educativa, e dentro destas, a cada nivel educativo. Porque, para a súa información, temos mesas para 2 alumnos nos cursos de 1º e 2º de EP, mesas incómodas, excesivamente pesadas e completamente pouco funcionais.

En canto ao mobiliario auxiliar: estantes, mesas e cadeiras para docentes, etc; están vellos, carcomidos en moitos casos, imposibles de desprazar ( non teñen rodiñas) para adecuar os espazos da aula ás necesidades do alumnado no momento que se precise.

-          Pode dotar ás aulas con mellores aparatos informáticos:  EDIs, PC portátiles modernos e actuais, ou tablets para o noso alumnado, etc

 

2ª: En canto  material didáctico: pode proveer aos centros escolares a as súas aulas de material didáctico adecuado ao nivel educativo correspondente.

-          Parece mentira que vostede teña dúbidas en que gastar este diñeiro ou que prefira desvialo cara outros menesteres. Asegúrolle que na miña aula fan falta moitos máis xogos educativos que implementen a acción educativa que se desenvolve dentro da aula.

Ter unhas calculadoras, balanzas e instrumentos de medidas adecuados  ao nivel educativo para peso, lonxitude, capacidade, etc

-          Aulas de psicomotricidade con todos os materiais necesarios.

-          Aulas de música, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe con máis dotación que favoreza o mellor desenvolvemento das capacidades do noso alumnado.

-          Bibliotecas con mellor dotación en volumes de diferentes  temas.

-          Ludotecas que permitan desenvolver actividades alternativas como obradoiros de teatro, meditación, benestar emocional, etc

-           

3º: O persoal docente:

-          Necesitamos mellores instalacións,

-          Mellores ordenadores,

-          Diminución da ratio do alumnado por aula,

-          Máis profesorado especializado para todo o alumnado, porque cada alumno / alumna presenta unhas necesidades específicas que moitas veces non veñen tipificadas nos Decretos.

Despois desta situación excepcional e nunca antes vivida, podo dar fe de que o alumnado e as familias necesitaron moito mais a atención emocional que lle proporcionou o docente que a atención propiamente académica.

-          Non peche máis centros públicos, con parte deses cartos, financie a educación pública.

-          Recompense aos profesionais que traballamos en educación que, sen dubidalo, puxemos todos os nosos medios privados a disposición da Consellería.

As nosas wifis, as nosas liñas privadas de teléfono (fixo e móbil) para facilitar a comunicación coas familias e o alumnado a través de whatsapp ou outros medios similares, as nosas tablets e PCs, que en moitos casos houbo que mercalos co noso soldo.

Recompense e preocúpese vostede das persoas que tiveron que facer esas inversións.

Que eu saiba, os políticos todos cobran dietas, o colectivo de docentes non cobramos nin sequera co agradecemento por parte da Administración e aínda por riba temos que ler ou escoitar nos medios, que vostede, Sr Alberto Núñez Feijoo , quere desviar eses cartos de todo a cidadanía para outros fins que parece ser, vostede considera máis frutíferos e interesantes.

Non creo que sobre apelar ao seu sentido común e dicirlle que vostede é produto do sistema educativo. Vale a pena coidalo e non escatimar recursos.