Praias oleirenses tamén para eles

Praias oleirenses tamén para eles
El problema
É consabida a calidade de vida de Oleiros e a cantidade de servizos que ofrece, tanto culturais como sociais, deportivos, educativos… Servizos que non teñen outros concellos. Temos a sorte de vivir nun municipio cheo de parques, zonas verdes, alamedas, prazas, equipamentos por todas as esquinas, cunha costa libre, sen recheos ao mar, dunha calidade medioambiental única. É por iso que resulta paradoxal a pouca sensibilidade do concello respecto aos animais domésticos dos seus veciños e veciñas, a pesar que hai máis cans que nenos, adolescentes e mozos xuntos.
Dende o punto de vista normativo atopámonos con dúas ordenanzas que prohíben o acceso aos nos cans as praias durante todo o ano. Na ordenanza municipal que regula o usa das praias no seu capítulo 4, artículo 14, párrafo 2, o cal se remite a ordenanza municipal de protección de animais domésticos e salvaxes no seu capítulo 1, artículo 10 onde se prohíbe expresamente o acceso.
Descoñezo se é verdade a lenda urbana que ao alcalde mordéronlle varios cans, pero o que si sei é que as nosas praias presentan restos de cabichas, merendas de nenos, latas de todo tipo, botellas de vidro, restos de aparellos de pesca, envases de plástico de todo tipo e demais lixo habitual achacable a un humano.
Os cans son considerados polo código civil seres sintientes, teñen conciencia do que ocorre no seu entorno e son capaces de sentir emocións como nós.
No seu día reclamáronse os areais para os veciños e as veciñas. Cremos de xustiza solicitar polo menos unhas horas do día para os nosos animais, pois son parte da nosa familia.
É por iso, que como veciños e veciñas responsables de Oleiros, amantes da súa natureza, solicitamos que se permita aos cánidos gozar das praias, sempre baixo supervisión do seu responsable, todos os días do ano en horario de 22.00 horas da noite a 10.00 horas da mañá. E así o deixamos patente coa nosa firma.
1348

Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 28 de mayo de 2023