#plasticomedoresNON! Evita que os nosos fillos coman plástico.

Victoria confirmada

#plasticomedoresNON! Evita que os nosos fillos coman plástico.

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 3757 firmas!
Nais e pais CEIP Souto Donas ha iniciado esta petición dirigida a Borja Villasenín (Xerente da empresa de catering Ruta Jacobea) y

No comedor do colexio CEIP Souto Donas de Gondomar (Pontevedra), a empresa de catering “Ruta Jacobea” serve a comida a cada neno/a directamente sobre bandexas de plástico con cinco compartimentos. Isto implica un risco totalmente innecesario para a saúde dos nenos, como explicamos a continuación:

En febreiro de 2013 deuse a coñecer un informe do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e da Organización Mundial da Saúde (OMS) que alerta de que moitas sustancias químicas sintéticas (a maioría procedente dos plásticos) poderían ter importantes repercusións sobre a nosa saúde. O informe “State of the Science of Endocrine Disrupting Chemicals 2012 – Summary for Decision-Makers” analizou o estado actual dos coñecementos científicos sobre este tipo de substancias que perturban a función endocrina, e recoñece que os efectos sobre o noso sistema hormonal aínda foron moi pouco coñecidos. O documento completo (289 páxs.) e a súa versión resumida (38) poden lerse e descargarse en inglés en formato PDF desde o web oficial da OMS: http://www.who.int/ceh/publications/endocrine/en/index.html

Estas sustancias denominadas “disruptores endocrinos”, presentes nos plásticos e noutras sustancias industriais, foron relacionados en diversas investigacións científicas cos seguintes problemas de saúde: cancro de mama, próstata, testículos e tiroides; infertilidade; pubertade precoz; diminución da calidade do seme; obesidade; diabetes; problemas cardiovasculares; perturbacións do desenvolvemento neurolóxico; alteracións da conduta, como o trastorno de déficit de atención e hiperactividade, o autismo, etc.; enfermidades neurodexenerativas como o Parkinson.

Ante esta información procedente dunha autoridade como a OMS, César —doutor en bioloxía e pai dunha nena que vai a este colexio— decidiu escribirlles ao director do colexio, á ANPA, ao xerente da empresa de catering e ao alcalde de Gondomar, xa que a xestión do comedor escolar depende do Concello. Na súa carta César pedía que, ante esta inseguridade para os nenos e nenas, se aplicase o principio de precaución e cambiasen as bandexas do comedor pola tradicional louza, baseándose en que os plásticos en contacto coas comidas, debido á temperatura e diferentes sustancias contidas na propia comida e ao desgaste inherente ao seu uso, están a liberar con toda probabilidade pequenas cantidades destas perigosas sustancias e mesmo fragmentos de plástico que son inxeridos inadvertidamente polos pequenos, implicando un perigo para a súa saúde debido á súa acumulación no organismo.

A partir de aí, un grupo de nais e pais preocupados comezamos a reunirnos e instamos a que a empresa e o concello nos desen unha resposta. Eles negáronse a cambiar as bandexas de plástico porque segundo nos din “cumpren todos os requisitos de sanidade”. Isto é certo, pero tamén o é que no seu día tamén o DDT era legal, como o era o lindano, o amianto, a ptalidomida, o bromato de potasio, o flufenoxurón e unha lista que continúa ano tras ano a medrar, de aditivos e praguicidas que foron sendo retirados e prohibidos a medida que se vía que prantexaban problemas innegables para a nosa saúde. Nós propuxémoslles diversas opcións para substituír as bandexas con todas as garantías de sanidade e seguridade, mesmo correndo nós co gasto, pero seguen negándose en redondo.

Polo tanto decidimos facer presión publicamente, mediante os medios de comunicación, as redes sociais e difundindo o problema por outros centros escolares para que todos os pais e nais afectados por este perigo para os nosos fillos e fillas nos unamos nunha soa voz. Por iso pedimos a vosa colaboración e que fagades chegar esta carta apoiándonos ás institucións e á empresa responsables desta situación de risco para os nosos nenos. Isto axudará para que outros colexios e concellos segan o exemplo e retiren os plásticos en contacto coa comida e bebida dos nenos.

 Agradecemos en nome das nosas fillas e fillos a vosa sinatura de apoio e a máxima difusión que lle poidades dar no voso entorno persoal e virtual! Grazas!! :-)

 

Victoria confirmada

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 3757 firmas!

Comparte esta petición