Non ao recorte de prazas de chinés na Escola Oficial de Idiomas de Lugo
El problema
Galicia mira a China... pero desmantela o ensino público da súa lingua
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia vén de comunicar á Escola Oficial de Idiomas de Lugo a eliminación dunha das dúas prazas de profesorado de chinés existentes desde hai anos. A decisión prodúcese aproveitando que unha docente solicitou o lexítimo dereito de excedencia, sen ter en conta que existen docentes dispoñibles na listaxe de persoas substitutas para ocupar esa praza e que a matrícula para o curso 2026/2027 presenta, a estas alturas do proceso, datos incluso mellores ca os dos últimos anos.
Non estamos diante dunha medida puntual nin dunha cuestión organizativa. Trátase dun novo paso nun proceso de desmantelamento progresivo da oferta pública de chinés en Galicia. En xuño de 2024 eliminouse unha praza de profesorado de chinés na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Agora suprímese outra en Lugo, a pesar de que fora recoñecida como praza estrutural hai apenas un ano no Concurso Xeral de Traslados (CXT). Ao mesmo tempo, a Consellería continúa sen ofertar como vacante estrutural outra praza existente na Escola Oficial de Idiomas de Ourense que pode eliminarse en calquera momento.
A eliminación desta praza deixa o Departamento de Chinés da Escola Oficial de Idiomas de Lugo reducido a un único docente. Isto supón unha redución de case o 50 % da oferta educativa, pasando de sete grupos a só catro, dificultando a continuidade do alumnado e limitando a oferta horaria mesmo nos niveis máis básicos do idioma. Tamén pon en risco aspectos básicos do funcionamento destas ensinanzas públicas, como a organización das probas oficiais de certificación, que requiren a participación de dous profesores nos procesos de administración e avaliación, segundo a normativa vixente.
Unha contradición difícil de explicar. Nos últimos meses, o presidente da Xunta de Galicia realizou unha viaxe institucional a China, reuniuse con autoridades e representantes empresariais, anunciou novos investimentos no sector do vehículo eléctrico e presentou o país asiático como un socio estratéxico para Galicia. Se China é realmente unha prioridade para Galicia, resulta difícil comprender por que o propio Goberno galego está a desmantelar o principal servizo público destinado á aprendizaxe da súa lingua. Non se pode falar de internacionalización, cooperación económica ou apertura a Asia mentres se reducen precisamente as ferramentas que permiten formar cidadáns, profesionais e empresas para relacionarse con ese país.
A lingua é a primeira ponte entre sociedades. Defender o chinés é defender o ensino público. As escolas oficiais de idiomas son o único servizo público que garante unha formación accesible, oficial e de calidade en linguas estranxeiras para toda a cidadanía. O chinés deixou hai tempo de ser unha lingua minoritaria para converterse nunha competencia estratéxica no ámbito económico, educativo, científico e cultural. Reducir a súa presenza no ensino público significa limitar oportunidades para o alumnado galego e empobrecer a oferta educativa dun sistema que debería mirar ao futuro, non retroceder.
Por todo isto, solicitamos á Consellería de Educación que manteña a segunda praza de profesorado de chinés da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, garanta a continuidade da oferta pública de chinés nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, cubra todas as prazas estruturais existentes e deteña o desmantelamento progresivo destas ensinanzas. Se Galicia quere construír relacións estables con China, debe empezar por defender o ensino público da súa lingua. Non hai política de internacionalización crible se, ao mesmo tempo, se desmantelan as ferramentas que a fan posible.
Asina esta reclamación en Change.org para solidarizarse coa causa e exixirlle á Administración educativa galega unha decisión coherente. Se non queres asinar a través desta plataforma pero si desexas sumarte á presión pública, tamén podes enviar unha reclamación individual a través da solicitude xenérica PR004A da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Nesta ligazón comparto un modelo de texto que podes descargar e editar cos teus datos e enviar á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia co teu certificado dixital ou Chave 365 a través da Sede Electrónica. O tempo corre e non debemos resignarnos a decisións incoherentes que logo non teñen marcha atrás.

146

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 20 de julio de 2026