NON ó parque eólico Monte Xesteiros

Esta petición ha conseguido 440 firmas

El problema

Este parque eólico que se situará no Monte Xesteiras (nome real) está promovido pola compañía Norvento. Dito parque está sendo tramitado de forma irregular, xa sexa pola desinformación que están sufrindo os veciños por parte do goberno, tanto local como autonómico; polo acurtamento de prazos de alegacións ou porque non se están tendo as repercusións sobre servizos fundamentais para os veciños como pode ser o tendido eléctrico, as telecomunicacións ou a auga.

Cabe destacar que os aeroxeradores que se van a colocar son unha evolución aos que comunmente se ven, e estes chegan a alcanzar os 180m de altura. O impacto ambiental destes será todavía maior xa que se deben abrir camiños específicos para o seu transporte e débese explotar o terreo para que queden firmemente asentados. Esto pode causar graves danos como xa sucedeu na construcción do parque eólico no Monte Acibal onde se desprendeu unha pedra de 14 toneladas.

A construcción deste parque eólico afecta a cerca de 10 parroquias estradenses que se extenden ao longo do Val do Vea e que ven como as súas vidas toman un papel secundario fronte a intereses económicos superiores.

Páxina facebook: Xesteiros sen eólicos

Web: https://xesteiras.org/

 

 

 

Simulación de como se verían os aeroxeradores dende as aldeas afectadas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Los destinatarios de la petición

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Consellaria de Economía, Industria e Innovación
Consellaria de Economía, Industria e Innovación

Actualizaciones de la petición