Non á A52: Un Proxecto Ineficaz e Destrutivo para Vigo e a Comarca

El problema
A proposta dunha nova autovía Vigo-Porriño, no canto de solucionar os problemas existentes, só engadirá máis destrución, impacto ambiental e despilfarro económico. Este proxecto non arranxa o tramo realmente problemático entre Puxeiros e Mos, que sofre graves problemas de sinistralidade e saturación, senón que propón abrir un novo vial que atravesará o corazón de barrios periurbanos como Bembrive (Vigo), Tameiga, Petelos e Pereiras (Mos), provocando unha profunda fenda no tecido social e ambiental destas zonas.
Un proxecto que non beneficia á maioría
- A A55, tal e como está, é a arteria pola que dirixirse dirección Ourense non só para Vigo, senón tamén para 13 concellos da comarca e máis aló, como A Guarda, Gondomar, Baiona, Nigrán, Cangas e Pontevedra. En total, estes concellos representan 272.652 habitantes, case a metade da poboación servida, e non se verán beneficiados pola nova infraestrutura.
- Ademais, Vigo, con 47 parroquias entre urbanas, periurbanas e rurais, ten xa 24 parroquias que dependen doutras saídas máis accesibles, como a saída norte (AP-9v) e a sur (AG57). Isto fai que a necesidade desta nova infraestrutura sexa cuestionable. Entón, ¿a quen beneficia realmente esta nova autovía?
Destrución de barrios e espazos naturais
- Este proxecto ameaza abrir unha ferida en parroquias como Bembrive e no Concello de Mos, zonas que hoxe destacan polo seu valor residencial, social e comunitario.
- Non só non se resolve a gravísima sinistralidade do tramo Puxeiros-Mos, senón que agora estes lugares deberán soportar unha nova infraestrutura que destrúe o seu contorno e a súa calidade de vida sen abordar as causas iniciais.
Unha solución máis xusta e sostible é posible
Este proxecto pasou por alto alternativas reais e viables como:
- Liberación e mellora da AP9. Esta solución evitaría abrir novas infraestruturas innecesarias e minimizaría o impacto social e ambiental.
- Mellora dos enlaces existentes no tramo Vigo-Puxeiros, atendendo as necesidades reais.
- Desmontaxe do tramo Puxeiros-Vigo, devolvéndoo ao seu estado orixinal de Nacional N120, unha decisión que tería que terse tomado desde o principio.
Estas alternativas non só mellorarían a mobilidade de Vigo e dos 13 concellos afectados, senón que tamén eliminarían o tráfico de paso e o tráfico pesado en zonas densamente poboadas, garantindo unha solución máis xusta para todos. Ademais, resolverían de forma directa os problemas de sinistralidade, que foi a motivación inicial deste proxecto solicitado por primeira vez no ano 2003.
Por que debes asinar esta petición?
Porque esta non é a solución que necesitamos. Non podemos permitir que un proxecto mal planificado destrúa barrios, empeore o tráfico e deixe á maioría da poboación afectada sen unha solución real.
Porque hai alternativas que funcionan mellor para todos, non só para uns poucos.
Porque debemos protexer as nosas comunidades, os nosos espazos naturais e a nosa calidade de vida.
Que pedimos?
- Que o Ministerio de Transportes reconsidere o proxecto actual.
- Que se prioricen alternativas como a mellora da AP9 e a optimización do tramo Vigo-Puxeiros.
- Que se desmonte o tramo conflitivo Puxeiros-Porriño
- Que se respecte ás comunidades afectadas e se minimicen os impactos ambientais e sociais.
Salvemos Bembrive. Salvemos Mos. Salvemos Vigo e a súa comarca.
Asina e comparte esta petición para que a nosa voz chegue máis lonxe. Xuntos podemos conseguir unha solución máis xusta e sostible para todos.
👉 Asina agora e comparte! O futuro da nosa terra depende de nós.
#NonÁNovaA52 #SalvemosOsNucleosRurais #XustizaParaAMaioría
4382

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 18 de enero de 2025