Manifesto pola cultura galega en Lugo

171

¡Alcancemos 200 firmas!
¡Las peticiones con más de 1000 firmas tienen 5 veces más posibilidades de ganar!

El problema

Lugo é unha cidade na que a nosa tradición ten un forte arraigamento.  O noso patrimonio cultural está vivo nas diversas asociacións e escolas que traballan na súa transmisión e en tantas aulas novas que se van creando en centros sociais, asociacións culturais, asociacións de veciños e diversas entidades que deciden gozar activamente da nosa música e do noso baile.

A actividade cultural lucense ligada ao folclore é ampla e somos un referente a nivel galego. Cada vez hai máis veciñanza involucrada que dá o paso para aprender a bailar ou tocar algún instrumento. As representacións, mostras e concertos atéiganse de público e as foliadas gañan cada vez máis popularidade.

Aínda que a polémica coa música tradicional é un mantra na nosa cidade, recentemente asistimos a unha intensificación de calumnias por parte de certos sectores da sociedade en parte motivados  polos recentes cambios políticos no Concello e, en especial, ao redor do debate sobre a programación cultural das festas do San Froilán 2026.

Os asinantes deste manifesto queremos trasladar o seguinte:

1)      Rexeitamos as voces que falan dun sobredimensionamento da música tradicional na programación cultural anterior. Consideramos que a planificación cultural en Lugo e, en particular, no San Froilán sempre foi rica e variada con espazo para todo tipo de música. Abonda con analizar os programas das festas para desmontar esta falacia.


2)      Entendemos que a contratación de grupos referenciais de música tradicional para tocar nas nosas festas é unha demanda social froito da gran base de lucenses que participan e gozan do noso folclore. Así mesmo, comprendemos que o San Froilán é unha festa históricamente ligada á tradición e baleirala dese contido significa deturpar a súa esencia.


3)      Condenamos os insultos a responsables políticos valéndose dos elementos da nosa tradición. Indígnanos profundamente referirse a alguén en ton despectivo como “o gaitiñas” ou que as acusacións que se vertan sexan as de levar “só pandeiretadas”. Sentímonos orgullosos do legado que chegou a nós e entristécenos ver que para certas persoas poida ser motivo de burla e de ataque.


4)      Opoñémonos ás opinións que desvalorizan aos grupos de música galega e tradicional. Non apoiamos o menosprezo que se fai dunha programación cando o motivo é que a música galega comparte protagonismo con outros estilos. As nosas artisas enchen prazas e auditorios tamén fóra das nosas fronteiras. Queremos superar o autoodio e poñer a nosa cultura no lugar que merece.


5) Consideramos que a elección da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense para abrir as festas do San Froilán 2026 é unha decisión controvertida. Lamentamos que, que coa cantidade de formacións locais existentes, se elixa a unha banda que suscita tanta polémica pola súa deturpación dos nosos instrumentos e dos elementos estéticos propios da tradición galega.

 

Por iso, instamos aos representantes institucionais e dos diversos ámbitos sociais a facer un chamamento público para que se respecte a cultura galega.


Queremos que a nosa cultura tradicional sexa considerada como o que é: un ben inmaterial de valor incalculábel . Como tal, merece a mesma consideración e estatus que calquera outra pois, como dicía Castelao, é tamén unha célula de universalidade.

Actualizaciones de la petición