Non á ampliación da EDAR de Os Praceres. Si a recuperación integral da Ría de Pontevedra.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.000!


O pasado 21 de maio de 2018 o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, deu a coñecer á Comisión de Seguimento do Plan de Saneamento Local da Ría de Pontevedra o proxecto de ampliación dunha infraestrutura que terá o dobre de capacidade e ocupará o dobre de espazo nos terreos contiguos a actual, sempre e cando Costas autorice este uso para unha parcela de dominio marítimo. Non sobra dicir que xa a actual estación está ubicada en terreos que no seu día foron lámina de auga.

A acumulación das augas residuais de máis de 120 mil habitantes nun único núcleo fai que sexa imposible a depuración, quedando o proceso simplificado a acumulación e posterior vertido por un emisario destas augas e provocando un dano ecolóxico irreparable que dende fai moito tempo vimos denunciando dende a parroquia.

Sendo competencia municipal a depuración das augas, son os Concellos de Marín, Poio, Vilaboa e Ponte Caldelas os que deben proporcionar alternativas nos seus respectivos territorios ao rudimentario proceso de entubar as fecais por un camiño de canos ata Os Praceres, que provoca o desbordarmento da depuradora e, de realizarse a ampliación, sobredimensionaría, aínda máis, o seu tamaño.

Por este motivo solicito a vosa colaboración para parar esta ampliación e para que Pontevedra recupere os terreos gañados ao mar, actualmente ocupados por industrias contaminantes, unha EDAR sobredimensionada e unha autovía que atravesa directamente un banco marisqueiro. 

Ver máis:

https://fillosdabarricada.wordpress.com/

https://www.facebook.com/fillobarricada/

Moitas grazas



Hoy: Fillo cuenta con tu ayuda

Fillo da barricada necesita tu ayuda con esta petición «lourizán : Non á ampliación da EDAR de Os Praceres. Si a recuperación integral da Ría de Pontevedra.». Únete a Fillo y 655 personas que ya han firmado.