Solución para as ocupacións e a violencia derivada delas en Palavea (A Coruña)

El problema
Os problemas respecto ós bloques de vivendas Epamar, integradas polos sete bloques (cinco que dan a “Lugar de Palavea”, zona de Palavea Vella, e dous que dan a Praza Padre Busto; os respectivos portais 56, 56 A, 58, 58 A, 60, 38 e 42), xorden dende o momento da súa edificación, coincidinte cun contexto no que as últimas experiencias de voraz promoción inmobiliaria xúntanse coa crise económica desatada no 2008. Os sucesivos contratempos e severas irregularidades terminan cun edificio inacabado e cuns propietarios que se atopan cunha insegura situación xurídica que en ningún caso esperaban.
A partir de este momento o proceso, debido a suma de nulas solucións e ao enquistamento do problema, deriva nos primeiros casos de ocupacións en torno a 2016. Aproveitamos para sinalar a diferenza que como veciños atopamos respecto a “okupación” e a “ocupación”, especificación de amplo recorrido, que distingue realidades moi diferentes, entre aquelas que responden ao dereito á vivenda e ao deber de protección social fronte o que debemos considerar directamente como usurpación, actos violentos e mero vandalismo. A diferenza de ambos casos
a coñecemos e a temos moi clara, pois a práctica é reveladora: unha veciña propietaria facilitou no seu momento a cesión da súa vivenda para atención dunha muller maltratada e outra veciña foi precisamente a que socorreu a unha muller ocupa que fora violada, atendeuna e denunciou os feitos. A veciñanza non ten ningún problema coa pacífica convivencia e sabe distinguir estas diferentes situacións.
Pero os acontecementos posteriores agravados dende 2017 e que continúan ata a actualidade, xa nun longo devir de máis de case catro anos, están dominados maioritariamente por outro tipo de manifestacións. Esta preponderancia dos okupas violentos, en número e en repercusión, é a que determina que aqueles cunha vontade pacífica sexan incluso agredidos física, e ata sexualmente, e finalmente expulsados das vivendas como recentemente aconteceu.
Actualmente algunhas vivendas dos bloques Epamar están okupadas por máis dunha decena, aínda que o número é sempre variable, de persoas. Conviven cunha situación caracterizada polo roubo de electricidade ao engancharse ao tendido eléctrico, cun xerarca do grupo que é o que lles cobra os restantes okupas 50 euros polo prestamento de tal “servizo” ao igual que percibe centos de euros polo subarrendamento das vivendas okupadas.
Entre 2016 e 2019 os bombeiros acudiron tres veces, por casos como lumes nas vivendas e intervencións por inundacións. A policía local e nacional responderon reiteradamente ás chamadas por ameazas, agresións e todos aqueles problemas derivados de ruídos excesivos que atentaban e atentan contra o dereito ao descanso, diurno e nocturno, e o normal desenvolvemento da vida cotiá do resto da veciñanza. Hai familias okupas que posúen razas de cans potencialmente peligrosos –que incluso sofren maltrato por parte dos donos- pero dos que sospeitamos sen moitas dúbidas que non teñen o permiso correspondente. Conviven con eles tamén algúns nenos (de 3 a aproximadamente 8 anos) e, malia que os Servicios Sociais atenderon algúns casos, é a propia Política Social da Xunta de Galicia quen argumenta motivos de arraigamento para manter a algúns menores nesta situación, según nos remiten. Dúas mulleres embarazadas conviviron nesta situación nos últimos meses e unha sufriu unha infame
violación por parte doutro okupa residente ocasional. Producironse agresións entre os okupas, agravadas pola pérdida de dous incisivos, e unha das mulleres, que estaba a recibir un tratamento contra o cáncer (quimioterapia) foi agredida en tres ocasións polo menos.
Sucédense con frecuencia os percorridos a pé con obxectos contundentes que provocan un clima de lóxico temor cando acontecen acompañadas de diversas manifestacións de agresividade e violencia: discusións en plena rúa, algunhas grabadas e difundidas nos medios, ameazas a veciñas próximas ao edificio, pero tamén a rapaces, así como intentos de entrada nunha vivenda unifamiliar de Palavea Vella. Por se todo este escenario non fose suficiente a cotidianeidade convive co menudeo e tráfico de drogas blandas como o haxís, tanto venda como consumo, a falta de hixiene debida a acumulación de basura nos portais, ata de excrementos nas casas de veciños, xiringas, mobles tirados e destrozos no propio edificio de vivendas (parqué levantado, venda de portas das mesmas, quentadores e instalación eléctrica arrincada).
Este tipo de manifestacións foi constantemente denunciado ás diferentes administracións e corpos de seguridade e nunca deixou de trasladarse aos medios de comunicación local, autonómicos e nacionais (El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, La Opinión, Cadena Ser, CRTVG, Antena 3 e Telecinco). Tampouco foron poucas as queixas e protestas veciñais en redes sociais e a denuncia reiterada da situación por parte da asociación de veciños.
A veciñanza de Palavea, formada por familias humildes, está cansa dos continuos problemas que ameazan con agravarse cando novas agresións e expulsións entre os okupas actuais rematan en atracción de novos suxeitos ou grupos que xa demostraron o seu interés por instalarse nos inmediatos días previos a este comunicado. O caso recente da veciñanza de Zapateira, de comparativamente menor impacto – vivendas en propiedade de entidades bancarias, unha situación de ocupación recente e con apenas manifestacións de violencia – tivo un forte impacto mediático e incluso certo percorrido político mentras ca o noso caso resta completamente olvidado.
O cambio de contexto derivado da recente expulsións dalgúns dos ocupas non violentos unido ó continuo drama humano que alí se produce e a inseguridade crecente condúcenos a todos os veciños que suscriben este comunicado ao deber de demandar que se conteña o incremento dos problemas ocasionados pola actual situación e a apremiar a todos os responsables da Administración a tomar medidas, dende todas as perspectivas necesarias nun problema tan complexo coma este caso, que axuden a solventar esta xa demasiado prolongada situación.

Victoria
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 14 de junio de 2020