Declaración de impacto ambiental negativa para Línea de Alta Tensión Monteagudo - Morás

Declaración de impacto ambiental negativa para Línea de Alta Tensión Monteagudo - Morás

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
Alejandro Rodriguez García ha iniciado esta petición dirigida a Conselleira Ángeles Vázquez Mejuto y

La Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, ha autorizado la construcción de una linea de alta tensión que atraviesa zonas naturales protegidas de concello de Arteixo destrozando uno de los pocos enclabes naturales que todavía quedan en el concello.

A continuación, el texto de reclamación en 4 puntos que los vecinos van a entregar. Arroja luz sobre las repercusiones que tendría el proyecto... 

1.- IMPACTO PAISAXÍSTICO E MEDIOAMBIENTAL

O trazado proposto no proxecto de LAT atravesa 13.600 metros no territorio de Arteixo, por tanto en Reserva da Biosfera, afectando de cheo á paisaxe, medio ambiente e sustentabilidade da única e última zona, de todo o concello de Arteixo, que aínda non está saturada de infraestruturas de enerxía eléctrica (central térmica, subestacións e liñas de alta tensión), de infraestruturas de comunicación e transporte, de infraestruturas portuarias (ocupando a terceira parte do litoral de Arteixo), e de extensos polígonos industriais. Esa nova liña de alta tensión pretendida atravesaría eses 13.600 metros, con 47 torres de alta tensión de ata 42 metros de altura, afectando de forma crítica e irreversible ás unidades de paisaxe que recoñece o POL de Xermaña, Sorrizo, Barrañán, Vales de Barrañán, Lañas, Rego dás Pontellas e Val do río Arteixo (Bolaños). Este territorio está comprendido, por suposto, na Reserva da Biosfera, pero ademais son moi próximos aos humidais costeiros, á Rede Natura de Costa da Morte, e a espazos singulares como a fraga de Sisalde –xunto á que se atopa un dos abastecementos de auga potable de Arteixo-, así como as paisaxes castrexas. Así mesmo, impacta notablemente no val de Loureda que corta transversal e lonxitudinalmente, en case 3 quilómetros. En todo caso, trátase, como tamén está reflectido no Plan estratéxico Novarteixo 2020, dun territorio que sería a última reserva da paisaxe e usos tradicionais do concello de Arteixo. Isto converte ao proposto proxecto de LAT nun problema de primeira orde de magnitude para os intereses xerais de Arteixo, na súa obrigación de custodia do binomio poboación-territorio. No Documento Ambiental Estratéxico do proxecto sectorial da LAT redactado polo promotor (xuño de 2015) despáchanse en menos de dous parágrafos (p. 16): “Debido a alto nivel de industrialización dá zona, non ámbito de estudo existen xa varias Liñas de Alta Tensión, co que tamén cabería a posibilidade da non construción dunha nova, senón o aproveitamento destas. Tras a avaliación desta posibilidade por parte do promotor e pola compañía distribuidora concluíse que tanto as liñas actuades como ou sistema eléctrico existente non permiten a súa repotenciación polas implicacións técnicas que conleva, nin pola seguridade do sistema eléctrico, motivo polo cal é a compañía distribuidora a que ditamina ou punto de conexión, existendo as dúas seguintes alternativas, que serán avaliadas dende un punto de vista ambiental co obxecto de seleccionar aquela cun menor impacto sobre ou medio.” Enténdese do anterior que son unicamente os criterios da compañía eléctrica os que determinan ese proxecto predefinido, Neste sentido, dende o primeiro momento, o documento que debería ser ambiental estratéxico carece de dimensión estratéxica, debido a que se limita simplemente a variar con dúas alternativas de trazado de proxecto, desde o parque eólico de Monteagudo (Carballo) ata o polígono de Morás (Arteixo) por dous corredores que atravesan esa única reserva de territorio máis natural e mellor conservado do concello de Arteixo. Pode observarse entón que o resultado práctico que se persegue coa avaliación ambiental estratéxica, de acordo co exposto no Documento de Alcance da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, referidas ás Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) de contribuír “ao desenvolvemento económico equilibrado e sustentable do territorio, a cohesión social e á mellora dá calidade de vida dá poboación e á utilización racional do territorio e á sustentabilidade ambiental”, non se cumpre con este plan sectorial e este proxecto. Tampouco se están a considerar, contradecindo o sinalado no Documento de Alcance, os principios suxeridos no POL, como: “Na área de ordenación do litoral deberase favorecer a relación dos desenvolvementos e infraestruturas co seu entorno natural e rural próximo, evitando a presión sobre espazos de valor natural ou cultural (art. 37); Nos espazos de interese deberase: evitar a transformación dos hábitats que lle son propios, mantelos como elementos integrantes dunha paisaxe de calidade, e prestar especial atención a conservación dos seus componentes característicos, sen que poidan autorizarse construcións, instalacións e edificacións que os alteren (art. 39).” Así pois, da análise ambiental do proxecto pode derivarse un impacto practicamente irreversible e dunha gran magnitude sobre a paisaxe e medio natural mellor conservado de Arteixo; cunha incidencia directa sobre a paisaxe, que queda degradado en toda a traza, así como a vexetación, o chan, o medio hídrico (con potencial afección a unha captación de auga potable de Arteixo), e da poboación pola instalación de corenta torres de alta tensión e toda unha franxa de protección ao longo da liña de alta tensión. Incluíndo, entre outros efectos adversos, o notable incremento de risco de incendios sobre as masas forestais existentes, e a exposición a campos electromagnéticos e radiacións non ionizantes de máis de cen vivendas existentes na inmediación do trazado da liña de alta tensión. E todo iso, non pode esquecerse, coa soa finalidade de evacuar a enerxía eléctrica a producir no parque eólico Monteagudo (Carballo), atravesando A Laracha e cruzando cunha liña de alta tensión, durante quilómetros, a última parte do territorio de Arteixo que non está saturada de infraestruturas e instalacións de todo tipo.

2.- INCIDENCIA EN ZONAS DE INTERESE PARA AS AVES A LAT discorre na proximidade de diversas zonas de interese para as aves ( ZEPA, ÍA), pero non expón ningún tipo de medidas específicas preventivas nin de seguimento para o control de eventuais colisións e electrocuciones de aves protexidas. Un problema importante que así queda minimizado. Con todo, é unha problemática relevante para as liñas eléctricas, pois, como sinala a Memoria 2018 da Fiscalía Xeral do Estado no medio Ambiente e Urbanismo, no seu apartado IV. g.7 ‘Cables de Alta tensión. A problemática da electrocución das aves protexidas en torres e tendidos aéreos’: “Co fin de reducir as intolerables cifras de mortaldade de aves, xa sexa por electrocución, como por colisión, relacionadas con liñas eléctricas, creouse unha Rede de Avifauna para o seguimento da problemática, actualmente consolidada” ( p. 60).

3.- RISCO DE INCENDIO A maior parte da LAT proposta fai o seu percorrido por terreos forestais, de difícil acceso. Tendo en conta que o concello de Arteixo está considerado como zona de alto risco (TSAR) a efectos do plan de incendios forestais de Galicia ( PLADIGA), non se entende que o EsIA considere tan escasamente esta perigosa circunstancia. A pesar de que inicia o seu apartado (6.5.4 Rocha de incendios forestais, p. 95) sinalando que: “Vos incendios forestais son unha ameaza para ou medio natural chegando a provocar dános irreparables sobre bens e ata as vidas humáns.” Isto a pesar da sobrada experiencia en Galicia sobre a interrelación entre o transporte de enerxía eléctrica en liñas de tensión (particularmente LAT) con incendios forestais. Pode mencionarse como exemplo o devastador incendio (1.160 has) que afectou en abril de 2019 ao sur da provincia da Coruña, e que o informe da Policía Autonómica e axentes forestais relaciona coas faíscas xeradas por unha avaría nunha torre dunha instalación de alta tensión. Neste sentido, de forma máis xeral, vallan tamén as observacións expostas na Memoria 2018 da Fiscalía Xeral do Estado no medio Ambiente e Urbanismo, no seu apartado IV. f ‘Incendios forestais’, onde pon de manifesto a preocupación existente polos incendios provocados por liñas de alta tensión, así como polas de media e baixa tensión debido ao deficiente mantemento ( p. 46).

4.- RISCO PARA AS PERSOAS POLO IMPACTO DERIVADO DO CAMPO ELECTROMAGNÉTICO E RADIACIÓNS O funcionamento da LAT supón tamén, en todo caso, o impacto derivado do campo electromagnético e radiacións non ionizantes asociadas á condución de enerxía eléctrica nunha liña de alta tensión. Este impacto resólvese no EsIA coa referencia no apartado de accións do proxecto ( p. 101) “Campos electromagnéticos. Non é previsible ningún tipo de afección significativa xerada polos campos electromagnéticos asociados a instalación dá Liña de Alta Tensión.” Con todo, as potenciais afeccións de campos electromagnéticos e de radiacións non ionizantes son consideradas en diversos estudos de impacto ambiental de LAT, onde se analizan a intensidade dos fenómenos, así como a presenza de poboacións ou de instalacións susceptibles de poder ser afectadas por estas formas de contaminación. Nunha primeira aproximación, contabilízanse ata 135 edificacións (na súa maioría vivendas) na franxa de 200 metros desde a LAT, das que case a quinta parte (24) atópanse na franxa inferior aos 100 metros.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas