CANDIDATURA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS LETRAS GALEGAS 2026
El problema
A familia, os amigos e intelectuais galegos apoian esta candidatura pola inmensa labor deste erudito galego pola nosa cultura en moitos ámbitos de creatividade.
Miguel González Garcés (A Coruña, 1916-1989) foi un escritor polifacético: poeta, bibliotecario, historiador, ensaísta e docente. Licenciado en Filosofía e Letras, destacou como director da Biblioteca Pública do Estado na Coruña durante 40 anos. Como poeta en galego, publicou obras fundamentais como Poema ó meu mar (1969, Premio Rosa de Ouro), Claridade en que a tentas me persigo (1977, Premio da Crítica de Poesía Galega) e Un nome só na néboa (1987, finalista do Premio Nacional de Poesía). Outros títulos relevantes son Bailada dos anxos (1961), Nas faíscas do soño (1972) e Sede e luz (1986). Realizou importantes achegas á antoloxía da poesía galega con Poesía gallega contemporánea (1974) e Poesía gallega de postguerra (1939-1975) (1975). Tamén estudou autores como Luis Pimentel e Manoel Antonio. A súa obra está traducida a varios idiomas e figura en antoloxías de poesía galega e española, así como no Oxford Companion to Spanish Literature. Foi colaborador en La Voz de Galicia e gañou o Premio Fernández Latorre (1960). Como historiador, publicou Historia de La Coruña (1987) e María Pita, símbolo de la libertad de La Coruña (1989). Pola súa contribución á cultura francesa, foi nomeado Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas. O seu legado continúa vivo co Premio de Poesía Miguel González Garcés, instituído en 1991 pola Deputación da Coruña.

1675

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 14 de marzo de 2025