Victoria

Permitide a apertura do camping de Ons para o vran 2014

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 1.208 firmas!


Recentemente coñeceuse a noticia de que o camping de Ons permanecerá pechado este vran 2014. Este camping está en vías de privatización, á espera de que o grupo Acuña (empresa concesionaria de dito camping para os próximos 30 anos) reciba os informes favorables da Xunta e de augas para poder comezar as obras das súas instalacións, que non chegarán ata o mes de xullo.

Dado que, ainda que están previstos para o mes de xullo, non se pode saber con firmeza a fecha na que chegarán os permisos, e que as obras de ditas instalacións terán unha duración aproximada de 6 meses, consideramos que o inicio das obras podría aplazarse ata o mes de setembro, calculando que finalizarían no mes de febreiro e estarían listas, de todas formas, para a próxima semana santa, data na que se fixa a apertura do camping privado do grupo Acuña. Non comprendemos a celeridad que teñen en comezar ditas obras durante o vran, si despois estarán sin utilizar durante aproximadamente catro meses.

Xa que vamos a deixar de disfrutar da gratuidade do noso camping durante, polo menos, os próximos 30 anos, pedimos á Xunta de Galicia que busquen alternativas, tal e como dixeron que farían fai uns meses, para poder disfrutar de dito camping durante este vran 2014. Ou ben que o siga xestionando a Xunta a través de Parques Naturales como fixo ata agora, ou ben que o propio Concello de Bueu se faga cargo da súa xestión, tendo en conta os importantes beneficios turísticos e económicos que supón este camping para o seu municipio e para toda a comarca.



Hoy: Marta cuenta con tu ayuda

Marta González Besada necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: Permitide a apertura do camping de Ons para o vran 2014». Únete a Marta y 1.207 personas que ya han firmado.