NON AO PECHE DO CEIP EMILIO DE NAVASQÜES

Petición cerrada

Esta petición ha conseguido 3668 firmas

El problema

A Xunta de Galicia, acordou de xeito unilateral proceder ao peche do CEIP Emilio de Navasqües do Cruceiro de Roo. Esta decisión foi comunicada á dirección do centro o día 22 de xuño de 2017 ás 13:05 horas (tratándose do penúltimo día do curso escolar).

Este colexio ten unha matrícula de 73 alumnos de infantil e primaria para o vindeiro curso, matrícula superior a do presente curso. Agora estes nenos serán enviados obrigatoriamente a outro centro cun horario diferente e sen posibilidade de elección.

Todo isto  xustifícano aludindo a «unha reorganización escolar no concello de Outes co fin de mellorar a calidade educativa para o alumnado, así como a atención á diversidade».

Educación especificou que para tomar a decisión se tiveron en conta «criterios pedagóxicos, xeográficos e de xestión responsable de recursos». E pregúntome eu, para tomar esta decisión non deberían contar coa opinión dos pais?? 

NON AO PECHE DO NOSO COLEXIO!!!

 

Los destinatarios de la petición

Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria
Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 23 de junio de 2017