Petition updateNo pongan en peligro la detección de enfermedades en Galicia."Xunta de Galicia: No eliminen los análisis de orina, ni limiten las enfermedades a detectar en el Programa Gallego de Cribado Neonatal"
José Ramón Alonso FernándezSantiago de Compostela, Spain
7 апр. 2015 г.
En hora buena, lo conseguisteis, con la colaboración de los medios de comunicación, la implicación de los que trabajan y trabajaron en el Programa y el buen criterio de las Autoridades. Os copio la nota de prensa de las 4 de la tarde Galicia inclúe 29 patoloxías no seu programa de cribado neonatal O programa inclúe as sete patoloxías recomendadas polo Ministerio Unha delas, a anemia falciforme, non estaba ata o de agora na nosa carteira de servizos Inclúe tamén outras 22 patoloxías que xa se viñan realizando A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública vén de reunirse cos profesionais para traballar na mellora do programa e recoller todas as súas achegas Volver ReadSpeaker Santiago, 7 de abril de 2015.- A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de recoller as achegas dos seus clínicos no deseño do programa de cribado de metabolopatías, segundo o cal se manteñen as patoloxías que se viñan cribando ata o de agora, incluídas as sete patoloxías indicadas polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Unha vez analizadas as indicacións do ministerio, traballouse conxuntamente cos profesionais o deseño conxunto do programa, de xeito que se mantén a súa elevada calidade, como demostra a designación da Unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago como centro de referencia en Metabolopatías para toda España (CESUR). Tal e como se tiña anunciado, Galicia inclúe no programa as sete patoloxías consensuadas para o Sistema Nacional de Saúde e recomendadas polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, unha das cales é nova na nosa carteira de servizos -anemia falciforme-. Ademais, manterá no programa 22 patoloxías adicionais a estas recomendacións, o que supón un total de 29 patoloxías. Unha vez consensuado o programa, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública manterá, como se viña facendo ata o de agora, reunións periódicas cos participantes no programa coa fin de facer un seguimento da evolución e dos resultados. Deste xeito, no futuro se poderá seguir mellorando o programa en aspectos como a comunicación, a información aos titores, ou a recollida de mostras. A Consellería de Sanidade cumpre deste xeito co obxectivo de manter e mellorar o programa de cribado de metabolopatías neonatais para dar a mellor asistencia sanitaria aos seus pacientes, en traballo conxunto cos seus profesionais para acadar este obxectivo.
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X