Petition updateNo pongan en peligro la detección de enfermedades en Galicia."Xunta de Galicia: No eliminen los análisis de orina, ni limiten las enfermedades a detectar en el Programa Gallego de Cribado Neonatal"

José Ramón Alonso FernándezSantiago de Compostela, Spain
Apr 7, 2015
En hora buena, lo conseguisteis, con la colaboración de los medios de comunicación, la implicación de los que trabajan y trabajaron en el Programa y el buen criterio de las Autoridades.
Os copio la nota de prensa de las 4 de la tarde
Galicia inclúe 29 patoloxías no seu programa de cribado neonatal
O programa inclúe as sete patoloxías recomendadas polo Ministerio
Unha delas, a anemia falciforme, non estaba ata o de agora na nosa carteira de servizos
Inclúe tamén outras 22 patoloxías que xa se viñan realizando
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública vén de reunirse cos profesionais para traballar na mellora do programa e recoller todas as súas achegas
Volver
ReadSpeaker
Santiago, 7 de abril de 2015.- A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de recoller as achegas dos seus clínicos no deseño do programa de cribado de metabolopatías, segundo o cal se manteñen as patoloxías que se viñan cribando ata o de agora, incluídas as sete patoloxías indicadas polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
Unha vez analizadas as indicacións do ministerio, traballouse conxuntamente cos profesionais o deseño conxunto do programa, de xeito que se mantén a súa elevada calidade, como demostra a designación da Unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago como centro de referencia en Metabolopatías para toda España (CESUR).
Tal e como se tiña anunciado, Galicia inclúe no programa as sete patoloxías consensuadas para o Sistema Nacional de Saúde e recomendadas polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, unha das cales é nova na nosa carteira de servizos -anemia falciforme-. Ademais, manterá no programa 22 patoloxías adicionais a estas recomendacións, o que supón un total de 29 patoloxías.
Unha vez consensuado o programa, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública manterá, como se viña facendo ata o de agora, reunións periódicas cos participantes no programa coa fin de facer un seguimento da evolución e dos resultados. Deste xeito, no futuro se poderá seguir mellorando o programa en aspectos como a comunicación, a información aos titores, ou a recollida de mostras.
A Consellería de Sanidade cumpre deste xeito co obxectivo de manter e mellorar o programa de cribado de metabolopatías neonatais para dar a mellor asistencia sanitaria aos seus pacientes, en traballo conxunto cos seus profesionais para acadar este obxectivo.
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X