Equipamento de seguridade e medidas sanitarias Covid para as comunidades escolares galegas

Petición cerrada

Esta petición ha conseguido 1047 firmas

El problema

No actual contexto sanitario de crise causado pola enfermidade da Covid, tense advertido que a apertura dos centros educativos pode constituír un factor de risco social pola potencialidade de transmisión do virus que estes posúen. Nos diversos espazos educativos que constitúen a rede de centros públicos non universitarios de Galicia, é posible identificar os factores básicos que a OMS definiu como elementos determinantes na expansión do virus Covid-19:

  • Neles conflúen grande cantidade de persoas en espazos xeralmente reducidos, e nos que non é posible garantir as distancias mínimas de seguridade.
  • É imprescindible facer uso da voz nun ton elevado.
  • Medidas básicas como a ventilación asidua vense reducidas á apertura de fiestras, o que non sempre será posible.
  • A creación dos grupos de convivencia estable para Educación Infantil e Primaria constitúe unha situación de risco constante pois baséanse nunha estanqueidade que é imposible de garantir.
  • O uso como norma de máscaras hixiénicas a partir dos 6 anos, que non son eficaces fronte á Covid, e a eliminación das normas do uso de máscaras FFP2 en situacións especiais.

Ademais, a Xunta de Galicia, desatendendo a normativa legal sobre riscos laborais, desenténdese de proporcionar aos profesionais dos centros de ensino un equipamento de seguridade que lles permita desenvolver o seu labor no contexto da pandemia, limitándose a proporcionar, para un período de tempo dun mes, máscaras hixiénicas, e deixando nas mans dos centros educativos a xestión da compra e control dos materiais precisos.

Por todo isto, solicitamos á Consellería de Educación e á Presidencia da Xunta de Galicia que desenvolva os procedementos normativos, orzamentarios e de xestión precisos para garantir a seguridade de todos os membros das comunidades escolares dos centros educativos públicos galegos. Nomeadamente, requirimos que se proceda a:

  • Establecer unhas medidas sanitario-educativas máximas e idénticas para todos os niveis educativos.
  • Tratar de xeito diferenciado a aqueles membros (profesorado, PAS, alumnado) que constitúan grupos de risco, con proteccións de alta seguridade.
  • Prover de equipamentos EPI de máxima seguridade e formación adecuada para os membros dos Equipos Covid.
  • Entregar a todo o alumnado unhas medidas de protección persoal básicas para garantir a seguridade de tod@s, evitar situacións de discriminación e verificar unhas mesmas características no equipamento de todo o alumnado.
  • Fornecer todo o profesorado de máscaras FFP2 en cantidade suficiente para o curso escolar e, por se fosen precisas, pantallas faciais e batas desbotables.

Los destinatarios de la petición

Presidencia da Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia

Actualizaciones de la petición