COMEDOR XESTIONADO POLA XUNTA PARA O NOVO CEIP DE CULLEREDO

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.000!


AS NAIS E PAIS DE CULLEREDO QUEREMOS UNHA VERDADEIRA CONCILIACIÒN LABORAL E FAMILIAR  CON UN COLEXIO QUE DISPOÑA DUN COMEDOR XESTIONADO POLA XUNTA E NON UN ABANDONO TOTAL PARA QUE  OS NEN@S SE VAIAN PARA A CASA ÀS 14.00H.

NECESITAMOS UN SERVICIO DE COMEDOR XESTIONADO POLA XUNTA SOBRE TODO O PRIMEIRO ANO XA QUE NON HAI UN ANPA CONSTITUIDO. 

QUEREN ESTABLECER UN HORARIO DE 9.00 H A 14.00H

DONDE ESTÀ A CONCILIACIÒN?? 

ESTO È O QUE DIXO A ADMINISTRACIÒN NO ÙLTIMO CEM

" O Inspector Xefe aclara que para que un colexio se acolla á xornada continuada debe someterse a votación e aprobarse isto polos 2/3 do censo de pais e nais do centro (58% do censo), e que así terá que facerse"

QUEN VOTOU ESTA DECISIÒN????

O DECRETO 132/2013 DE COMEDORES PON O SEGUINTE:

"Outro fundamento normativo do decreto pode encontrarse nos preceptos legais xerais
da LOE sobre a organización e dotación do servizo público educativo. Neste senso, o seu
artigo 112 preceptúa textualmente:
«1. Correspóndelles ás administracións educativas dotar os centros públicos dos medios
materiais e humanos necesarios para ofrecer unha educación de calidade e garantir a
igualdade de oportunidades na educación.
(...) 5. As administracións educativas potenciarán que os centros públicos poidan ofrecer
actividades e servizos complementarios co fin de favorecer que amplíen a súa oferta educativa
para atender as novas demandas sociais, así como que poidan dispoñer dos medios
adecuados, particularmente daqueles centros que atendan unha elevada poboación de
alumnos con necesidade específica de apoio educativo»."

.....

"Neste sentido, o presente decreto configura o comedor escolar como un recurso educativo
de carácter complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a
garantir a efectividade da educación básica obrigatoria dentro dos principios de igualdade
e solidariedade."

......

Efectivamente, a consellería, consciente dos cambios socioeconómicos operados na
sociedade galega que demanda medidas concretas en materia de conciliación da vida laboral
e familiar, pretende pór en marcha un plan en materia de comedores escolares que,
co obxectivo de dar resposta á demanda social de prestación do servizo existente, de xeito
gradual acade os seguintes obxectivos:
– Implicar na xestión do servizo, mediante as fórmulas de cooperación e colaboración
previstas no marco xurídico actual, a totalidade de administracións públicas con competencias
concorrentes neste eido, os colectivos e asociacións afectados e, en definitiva, as
propias familias.
– Promover os cambios organizativos que sexan necesarios co fin de mellorar a prestación
actual do servizo e ampliar a súa extensión a través de novos mecanismos de com-
pensación económica que, con criterios de progresividade e solidariedade social, permitan
incrementar o número de prazas de comedor existentes, así como posibilitar a xestión de
novos comedores escolares.

 

TEMOS QUE  LOITAR!!!! POLOS NOSOS DEREITOS, POLOS DEREITOS DOS QUE NON PODEN PROTESTAR, OS NOSOS FILLOS!!!!!

 

 



Hoy: ANPAs e nais e pais do CRA de cuenta con tu ayuda

ANPAs e nais e pais do CRA de CULLEREDO necesita tu ayuda con esta petición «Xunta de Galicia: COMEDOR XESTIONADO POLA XUNTA PARA O NOVO CEIP DE CULLEREDO». Únete a ANPAs e nais e pais do CRA de y 872 personas que ya han firmado.