
#AG31 AUTOVÍA CELANOVA – XURÉS.
POR FAVOR COMPARTE
VENRES 04/11/2022 PODE SER UN GRAN DÍA PARA A PROVINCIA DE OURENSE. XXXIII CIMEIRA IBÉRICA, EN VIANA DO CASTELO
O 31/05/2021, en reunión de equipos, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta da Galicia presentou ó Goberno portugués o proxeto de mellora da estrada entre a fronteira da Madalena e Celanova. Esta mellora, en proceso de licitación, foi a que presentou a Sra. Conselleira en Lobios o pasado 14 de marzo de 2022, acto no cual quedou patente que esa non é a obra que demanda a sociedade nin a empresa ourensá. A esa data xa contábamos con moitos apoios que se foron multiplicando co paso dos días.
Co apoio de TODOS:
• Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). (10.000 empresas ourensanas)
• Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao – Ourense. (420 empresas)
• Federación de Comercio de Ourense.
• Junta de Propietarios do Centro Comercial Ponte Vella de Ourense.
• APETAMCOR - Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia con máis de 1300 socios (autónomos e pemes do transporte).
• Deputación Provincial de Ourense.
• Concello de Ourense.
• Concello de Celanova.
• Concello de Lobios.
• Concello de Bande.
• Concello de Lobeira.
• Concello de Entrimo.
• Concello de Verea.
• Concello de Muiños.
• Asociación de Empresarios de Lobios.
• Asociación de Veciños de Grou – San Mamede de Grou – Lobios.
• Asociación Veciñal do Esquecemento - Cabaleiros - San Martiño de Grou – Lobeira.
• Asociación Conservacionista Grou ECO-@VANZA.
• CMMVVMC de Uzal Conchas e Troixigueira - Cabaleiros – Lobeira.
• Sociedade Recreativa Musical da Banda Popular de Lobios.
• CMMVVMC STA EUFEMIA.
• Asociación Cultural Escola Musical da Baixa Limia.
• Sociedade Deportiva Bande.
• Unión Deportiva Lobios.
• Xuventude de Vilameá.
• Asociación foxo do Lobo - Fontefría do Xurés.
• AAVV de Esperanzo-Lobios
• Asociación Santa Lucía de Riocaldo.
• CMMVVMC de Torno e Xendive.
• Asociación Usuarios Auga Devesa – Vilameá.
• Club Deportivo Muiños.
• CMMVVMC de Lantemil – Entrimo.
• Asociación de Veciños de Lantemil – Entrimo.
• CMMVVMC de Reparade – Muiños.
• Plataforma para o Desenvolvemento Social Económico e Natural (PRABALI).
• Asociación de Veciños de Ludeiros.
• Mancomunidade de MMVVMC Serra do Xurés.
• CMMVVMC Parroquia de Riocaldo.
• ANPA CEIP do Xurés.
• Asociación Cultural “Os Bandiños”.
• Asociación de Veciños de Guxinde.
• Asociación de Mulleres Rurais “As Xeitosiñas” – Lobios.
• Asociación de Veciños de Ferreiros – Entrimo.
• CMMVVMC Acevedo – Guxinde.
• Asociación de Veciños de Bouzadrago.
• Foro Liceo, integrado por:
◦ Liceo de Ourense.
◦ Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia.
◦ Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense.
◦ Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense.
◦ Asociación de Propietarios de Fincas Urbanas.
◦ Colegio de Economistas de Ourense.
◦ Federación de Comercio de Ourense.
◦ Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense.
◦ Federación de Librerías de Galicia.
◦ Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao.
◦ Colegio de la Abogacía de Ourense.
◦ Centro Comercial Aberto Ourense Centro.
◦ Asociación de Constructores de Ourense.
◦ Colegio Oficial de Agentes de la Propiedad Inmobiliaria de Ourense.
◦ Colegio de Aparejadores y Arquitectos Técnicos.
◦ Colegio de Farmacéuticos.
• Asociación de Tecores do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés (XURESTEC)
• CMMVVMC Serra do Quinxo de Pereira – Entrimo.
• Asociación de Veciños de A Illa – Entrimo.
• Comunidade de Monte Varas Serra do Quinxo da Illa – Entrimo.
• CMMVVMC Cabeza da Vella - A Illa – Entrimo.
• Asociación Cultural San Lorenzo de A Illa – Entrimo.
• ANPA CEIP Sta. María A Real de Entrimo.
• Asociación de Mulleres Rurais de Entrimo.
• Asociación de Veciños A Gurita – Pereira – Entrimo.
• Moto Club Trial – Entrimo.
• Asociación de Veciños A Quintán – Entrimo.
• Veteranos de Fútbol Baixa Limia.
E máis as 2566 sinaturas de cidadáns anónimos que sumadas ás “Preguntas, PNL, Interpelacións e demáis accións levadas a cabo polos grupos políticos do Partido Socialista Obrero Español, Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego, Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común.
No día de hoxe, o propio Presidente da Xunta de Galicia, en rolda de prensa posterior ó Consello da Xunta, solicita ó Presidente do Goberno de España que se realicen melloras en infraestructuras como “ademais dun acordo internacional entre os dous países, España e Portugal, para o impulso e avance dunha autovía internacional que comunique Celanova e Portugal”.
AINDA NON CONSEGUIMOS NADA pero no mes de marzo de 2022 era impensable que a 04 de novembro do mesmo ano se dera este cambio de rumbo e se fora debatir na Cimeira Ibérica de Viana do Castelo a prolongación da #AG31 ata a fronteira da Madalena en Lobios. Esperemos que unha obra vital como esta para toda a provincia de Ourense, sexa tida en conta polos dous Gobernos, español e portugués e posto que é unha obra que TODOS queremos que se faga, a partir de mañá se sigan dando pasos firmes para a súa pronta execución.
SEGUIMOS.