Acaba a Autovía da Costa da Morte!

El problema

No ano 2009 o goberno galego licitou a Autovía da Costa da Morte, unha infraestructura chamada a converterse na principal vía vertebradora da nosa comarca pois completaría a autovía que remata en Carballo ata Cee.

A finais do ano 2014, 5 anos despois, na Costa da Morte seguimos agardando despois de que a empresa adxudicataria abandonase durante anos as obras alegando que o presuposto era insuficiente para asumir o proxecto íntegro, recoñecendo que a oferta que lles serviu para impoñerse no concurso ante outras opcións era temeraria.

A pesar deste despropósito, a Xunta de Galicia acaba de anunciar que a mesma empresa que deixou as obras paradas durante anos será a que continuará a obra a finais deste ano 2014.

Para posibilitalo, o executivo de Alberto Núñez Feijóo "perdooulle" a metade do proxecto, co a UTE só terá que executar 25 dos 42 km contratados. Deste xeito a autovía prevista no seu día -cando menos- ata Berdoias só chegará finalmente ata Baio, o que é claramente insuficiente pois segue deixando a maior parte da Costa da Morte totalmente aillada da rede galega de autovías, e precisamente faino na zona que máis poboación e industrias concentra na bisbarra: Cee, Corcubión, Muxía, Carnota, Dumbría, Camariñas, Vimianzo, Fisterra...

Por outra parte é sangrante que, tal e como anunciou, a Xunta vaia indemnizar á empresa polos gastos que lle acarreou o tramo anulado, cando é a única responsable de que a oferta que lle valiu a adxudicación fose insuficiente. Tampouco o goberno galego aclarou que vai pasar co tramo xa comezado, nin coas parcelas expropiadas en van aos seus propietarios, nin do impacto medioambiental ocasionado por unhas obras que aparentemente ninguén concluirá.

Os orzamentos que a Xunta vén de presentar non comprometen nin un só céntimo para o remate do treito da Autovía que -supostamente- si executarán. No seu lugar, autorizan á empresa a crear un novo "peaxe na sombra", é dicir, que a empresa facturará directamente á Xunta por cada coche que transite a Autovía, co que todos acabaremos pagando indirectamente os incumprimentos da empresa.

É un auténtico escándalo que toda a veciñanza da Costa da Morte teña que pagar as consecuencias por unha actuación neglixente dunha empresa privada que mentiu ao optar a un concurso público, e máis escandaloso aínda é que o proxecto resultante non solucionará os problemas de aillamento da Costa da Morte senón ao contrario, todos estaremos pagando durante moitos anos unha infraestructura chapuceira e recortada que non atende ás necesidades reais dos traballadores nin das empresas da nosa bisbarra, e que non suporá un estímulo significativo para o asentamento de novas actividades económicas e industriais na Costa da Morte. Todo coa total complicidade do goberno de Alberto Núñez Feijóo, quen tiña que defender este proxecto estratéxico vital para o futuro da Costa da Morte e dos seus habitantes, pero que con esta actuación están a demostrar que non lle importamos o máis mínimo.

A Costa da Morte non vai calar ante o abandono crónico ao que pretenden someternos nin permitir que sempre sexamos nós os que teñamos que conformarnos con estar no vagón de cola dos investimentos, as infraestructuras e a tan cacareada modernización do rural. A veciñanza da Costa da Morte ten forza para facerse oír e respetar e non deixaremos que, como xa pasou hai cen anos co "Tren das 3 Cs", este tren tamén pase de longo.

Asina esta petición para que antes do reinicio das obras, anunciado para finais deste ano 2014, a Xunta rectifique e obrigue á "UTE Autovía Costa da Morte" o cumprimento íntegro do proxecto contratado, ou no caso contrario que rescindan este contrato para adxudicarllo de novo a unha empresa que si poida cumprir cos compromisos adquiridos polo goberno da Xunta de Galicia no seu día con esta infraestructura, para que por fin a Costa da Morte conte cunha autovía que resolva os problemas reais dos seus habitantes.

Esta petición ha conseguido 533 firmas

Los destinatarios de la petición

Alberto Núnez Feijoo
Alberto Núnez Feijoo
Presidente da Xunta de Galicia
Ethel Mª Vázquez Mourelle
Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Xunta de Galicia.

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 22 de octubre de 2014